As ONG de cooperación galegas invitan a Feijóo a coñecer a realidade de Nicaragua
02/07/2009
As ONG de cooperación galegas invitan a Feijóo a coñecer a realidade de Nicaragua e a incrementar o esforzo solidario de Galicia
As ONG de cooperación internacional aplauden o interese do presidente da Xunta en visitar Nicaragua. “Parécenos unha boa idea que o primeiro país que visite Feijóo como presidente da Xunta sexa un país en vías de desenvolvemento” –declarou un voceiro da Directiva da Coordinadora de ONG, reunida onte por primeira vez tras a Asemblea Xeral celebrada o pasado día 13-. Núñez Feijóo, en efecto, amosara o seu interese en visitar Nicaragua o pasado 11 de xuño tras entrevistarse co embaixador deste país.
Secretaría de Estado de Cooperación Internacional. Subvencións para seminarios e congresos
29/06/2009
Lugar de publicación: BOE Nº152 de 24 de xuño Data deinicio de presentación de solicitudes: 24 xuño Finalizacióndo prazo: 17 de xuño 2009 (20 días hábilesdende o 24 xuño) Resumo: Resoluciónde 23 de mayo de 2009, de la Secretaría de Estado de Cooperación Internacional,por la que se convocan subvenciones para la celebración de congresos,seminarios y jornadas relacionadas con la cooperación al desarrollo.
A Coordinadora de ONG de Desenvolvemento-España acaba de convocar un posto de Axudante da Campaña Pobreza Cero en Madrid.
As/os interesadas/os deben enviar o currículo indicando a referencia (Ref: Ayudante de Campaña) á seguinte dirección: Coordinadora de ONG para el Desarrollo-España, Calle de la Reina, 17-3º.- 28004 Madrid-. Tamén por e-mail a:
.