Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 3 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1963 accesos
  • Visitas Total: 2862063 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Axenda Solidaria

Seminario Galego de Educación para a Paz Formación/Cursos | ONGD Integradas na Coordinadora Galega de ONGD

SGEP. Aberta a matrícula para os “XXV Encontros de Educación para a Paz”

  • Organizadores: Seminario Galego de Educación para a Paz
  • Inicio: 11-03-2010 11:12
  • Fin: 13-03-2010 21:00
  • Local: Santiago de Compostela, A Coruña

 

Xa pode realizarse a matrícula (30 €) para participar nos XXV ENCONTROS DE EDUCACION PARA A PAZ que terán lugar os días 11, 12 e 13 de Marzo na Facultade de Xornalismo en Santiago de Compostela sobre "Dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes" directamente na web: www.sgep.org ou telefonicamente no 981-561956.
 
Esta será a 25 edición dos Encontros de Educación para a Paz que anualmente organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz. Cada edición está dedicada a un tema monográfico e, nesta ocasión, trátase de complementar as actividades e iniciativas que con motivo do Día Escolar pola Paz se desenvolveron sobre este mesmo tema nos colexios e institutos de Galicia, unha reflexión non só sobre os dereitos da infancia senón tamén das responsabilidades e obrigas que conlevan, con un mesmo e cos dereitos dos demais.
 
Entre os relatores e relatoras previstos destacan; Dª Elsa Punset (especialista en xestión emocional),  D. Xosé Antón Caride (Catedrático de Pedagoxía Social da USC), Dª Irene Comins Mingol (Coordinadora da Cátedra UNESCO de Filosofía per la Pau da Universidade Jaume I de Castelló), Dª Consuelo Crespo Bofill, presidenta de UNICEF ou Dª Mª Jesús Álava Reyes (psicóloga clínica).
 
Haberá tamén obradoiros e experiencias de Amnistía Internacional, UNICEF, de Cinema, Maxia, Xogos Cooperativos, e actuacións musicais.
 
Máis información:
Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
Tfno: 981-561956
 

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.