Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 3 convidado(s) en liña agora
  • Visitas Hoxe: 3123 accesos
  • Visitas Total: 3541105 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Pobreza Cero
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

BIBLIOTECA DA COORDINADORA

A Coordinadora Galega de ONGD dispón dunha Biblioteca con máis de 1.500 exemplares catalogados. Publicacións sobre dereitos humanos, voluntariado, xénero, conflictos internacionais, educación para o desenvolvemento, comercio xusto...
 
A Biblioteca atópase na sede da Coordinadora Galega de ONGD (Rúa Basquiños 33, 1º-A), en Santiago de Compostela.

 

Para consultar o noso CATÁLOGO, podes descargalo aquí>>>

  • Como podo rexistrarme?
  • A biblioteca esta aberta a todas as persoas qu gustaríae estean interesadas en facer uso do seu catálogo.
    As persoas usuarias da biblioteca terán que rexistrarse e achegar os seguintes datos:
    -          Nome e apelidos
    -          DNI
    -          Teléfono de contacto
    -          Enderezo electrónico
    -          ONGD coa que colabora / Relación co eido da cooperación

     

  • Cales son as condicións de préstamo?
  • Cada usuaria poderá dispoñer dun máximo de dous exemplares. O tempo máximo de cesión será de 15 días, con posibilidade de acollerse a unha prórroga de 7 días.
    Para comunicar a petición de prórroga, a persoa interesada deberá chamar por teléfono á Coordinadora (981 585 189) ou enviar un correo electrónico a administracion@galiciasolidaria.org.
    As persoas que superen o límite do préstamos sen previo aviso serán penalizadas. Por cada día de atraso, computarase tres días sen poder usar o servizo da biblioteca. 
    As devolucións, como os préstamos, faranse na sede da Coordinadora Galega de ONGD.

  • Cal é o horario da Biblioteca?
  •  

    O horario da biblioteca será de 9:30 a 13:30 horas, de luns a venres, e de 16:30 a 18:30 horas, de luns a xoves.
     

     

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.