QUE É O COMERCIO XUSTO ?
É a denominación máis usual para designar
ao movemento internacional que promove un sistema alternativo
máis xusto de relacións comerciais e produtivas entre
o Norte e o Sur do planeta.
Este movemento tamén é coñecido polos
nomes de Comercio Equitativo, Comercio Solidario ou Comercio Alternativo.
CALES SON OS PRINCIPIOS DO COMERCIO XUSTO ?
- Condicións de traballo dignas e salarios xustos:
os prezos dos produtos son establecidos cos/coas propios/as produtores/as
e non marcados unilateralmente. Estes prezos cobren os custos de produción
en condicións laborais e desalario consonte as directrices
da Organización Internacional do Traballo (OIT), e permiten
a obtención dun sobrante.
- Ausencia de explotación infantil: no mundo
ao redor de 200 millóns de nenas/os traballan. O comercio xusto
aposta porque as/os nenas/os estudien.
- Igualdade de oportunidades e de trato: independentemente
da cor da pel, do xénero, da relixión, das opinións
políticas, da nacionalidade, da orixe social ou outros riscos
distintivos.
- Respecto polos Dereitos Humanos.
- Respecto polas culturas indíxenas: fomento
da producióne das mercancías tradicionais segundo os
seus recursos naturais. Actividades comerciais que non contraveñan
os intereses das/os habitantes do lugar sobre as súas terras
ou outros recursos vitais para a súa forma de vida.
- Funcionamento democrático das organizacións
que interveñen: a xestión dentro das cooperativas
de produtoras introduce criterios democráticos, que se estenden
a conceptos extra laborais.
- Relación comercial a longo prazo: garántense
uns prezos estables e a cantidade de mercancía a adquirir.
- Pagamento dunha parte do prezo por adiantado (ata un 60%),
para evitar que as/os produtoras/es se endebeden.
- As/os produtoras/es destinan parte dos seus beneficios
ao desenvolvemento das súas comunidades (sanidade, educación,
formación laboral, etc.): os salarios xustos permiten
a obtención dun sobrante para reinvestir, non só na
organización produtora senón tamén na mellora
da comunidade.
- Redución da cadea de intermediarios: as/os
produtoras/ es obteñen un maior valor engadido das súas
mercancías.
- Información ao consumidor/a (transparencia):
os axentes que traballan no comercio xusto (tanto no Norte como no
Sur) deben ofrecer informacin sobre todo o proceso.
- Produtos de calidade.
- Respecto polo entorno: garantía dun desenvolvemento
perdurable, respectuoso co planeta e con quen o habitamos e habitará;
que non contamine a auga, a terra e o aire, nin esquilme os recursos
naturais; que permita continuar a producir indefinidamente; que non
hipoteque a calidade de vida das xeracións futuras.
- Fomento do mercado local e diversificación da produción:
co fin de reducir a dependencia do comercio internacional e dun só
produto.