"Seguramente non se poderá cambiar o mundo tanto como
quereríamos ao comprar cos ollos abertos, pero mantelos pechados
significa asegurar que todo permanece igual"
David Ransom
É aquel elaborado por grupos desfavorecidos de países en vías de desenvolvemento e que chega ás tendas dos países ricos asegurando un prezo xusto para as/os produtoras/es, que lles permita vivir de forma digna. Estes produtos abranguen varios sectores:
Podemos, pois, mercar produtos de calidade contrastada e, a un tempo, contribuír ao desenvolvemento económico e social dos países e zonas máis pobres.
Cómpre sinalar que algúns destes produtos ás veces veñen con etiquetas que indican que se fabricaron en Europa. Hai varios motivos que o explican:
¿Como se reparte o prezo final dun pantalón vaqueiro?
(Fonte: Campaña roupa Limpia. Setem)
Como resulta doado comprender, o comercio xusto precisa dunhas garantías que aseguren que os produtos se fabrican tal e como vimos describindo. Esta necesidade fíxose evidente, en especial, a partir da presenza de artigos co reclamo de xustas en puntos de venda distintos ás propias tendas solidarias, polo que se comezaron a implantar os denominados selos de garantía, estendidos por organizacións responsables da correspondente certificación.
Estas asociacións establecen os criterios específicos para cada produto, manteñen un rexistro de produtoras/es, e fan auditorías periódicas.
España non conta aínda cun selo de garantía propio, aínda que tras varios anos de debate aprobouse en marzo de 2004 a creación dun selo específico. Mentres tanto, ademais da garantía que representa a propia organización implicada neste comercio solidario, tense como punto de referencia á Coordinadora Estatal de Organizacións de Comercio Xusto. As súas funcións son as de promover este tipo de comercio e garantir que as entidades adscritas cumpran os requisitos establecidos.
Selos de garantía existentes na actualidade:
Max Havelaar. É o primeiro certificado de garantía que se creou. Nace en Holanda no ano 1988, destinado unicamente ao café. Nestes momentos está en vigor en Holanda, Bélxica, Suíza, Dinamarca e Francia, e está destinado ao café, cacao, chocolate e mel.
Transfair. Nace en Alemaña. Hoxe en día está instaurado en Austria, Italia, Luxemburgo, Canada e Xapón. Este selo avala varias marcas de café, té, chocolate, azucre e mel.
Fair Trade. Certifica principalmente o café, o té e o chocolate que se vende no Reino Unido e en Irlanda.
No ano 1997, Max Havelaar, Transfair e Fair Trade uníronse para constituír a Organización Internacional de Etiquetado do Comercio Xusto(Fair-trade Labelling Organization International, FLO).
No 2002, FLO crea un selo único que sistematiza os selos que se atopan en vigor en catorce estados europeos (proximamente tamén o selo español) e ademais en Estados Unidos, Canadá e Xapón.
FLO verifica periodicamente, cando menos unha vez ao ano, a actuación tanto dos/as produtores/as rexistrados como das importadoras.