Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 4 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1925 accesos
  • Visitas Total: 2862025 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Comisión de Incidencia

A Comisión de Incidencia Política creouse o 17 de setembro de 2008, e foi ratificada pola Asemblea Xeral Extraordinaria de Febreiro de 2009. A idea de constituír unha comisión de incidencia xorde do Encontro Buscando Sinerxías, organizado para a Planificación Estratéxica da Coordinadora, ao entender as ONGD integradas que a Incidencia Política debía ser un ámbito prioritario de acción da CGONGD.

Obxetivos da Comisión

A misión principal desta Comisión non é outra que incrementar o grao de compromiso das institucións públicas galegas coa cooperación ao desenvolvemento. A tal efecto, márcase como obxectivos de acción os seguintes: •Mellorar a comprensión e sensibilización das ONGD integradas na CGONGD sobre a importancia das accións de incidencia de cara á consecución dos fins en todas elas. •Mellorar o coñecemento das/os representantes políticas/os galegas/os sobre a pobreza, as súas causas e consecuencias e sobre as demandas da Coordinadora Galega de ONGD. •Mellorar o compromiso dos partidos políticos galegos na loita contra a pobreza. •Xerar espazos de debate e consulta institucional sobre as políticas de cooperación internacional galegas.

¿Quén a integra?

Amigos da Terra Arquitectos sen Fronteiras Asemblea de Cooperación Pola Paz Axuda en Acción Enxeñeiría sen Fronterias Farmamundi Mans Unidas Médicos do Mundo Intermón Oxfam Solidariedade Internacional de Galicia

Traballos Realizados

2009. Campaña “Esixe o 0.7% á Xunta de Galicia”. Campaña de incidencia para esixir que se aumenten os fondos destinados a cooperación ao desenvolvemento que desembolsa a Xunta de Galicia.

Dentro da campaña leváronse a cabo recollidas de firmas simultáneas en toda Galicia reivindicando que se destinase o 0,7% do orzamento da Xunta de Galicia á cooperación ao desenvolvemento. As sinaturas entregáronse no Parlamento de Galicia na semana anterior ás eleccións autonómicas de 1 de marzo de 2009.
 
2009. Seminario Galicia cara ao Pacto contra a Pobreza. En outubro, con motivo da Semana Galega de Mobilización contra a pobreza, organizouse un Seminario para por enriba da mesa a posibilidade de acadar un Pacto Galego contra a Pobreza. Tivo lugar o día 16 de outubro, no Pazo da Cultura Galega, e a el asistiron representantes políticos da Xunta de Galicia, as deputacións e os principais concellos galegos.

 2008. “Informe sobre a Cooperación Galega na última lexislatura 2005/2009”. Presentado no Club Internacional de Prensa en decembro do 2008, neste informe saliéntanse os logros acadados polo goberno galego no ámbito da cooperación nestes últimos anos (elaboración do I Plan Director da Cooperación Galega, a elaboración de Plans de Actuación por País e de Plans Anuais), así como tamén recolle o incumprimento dos compromisos en materia de financiamento que o goberno non acadou, e que tiña asumidos por escrito en varias ocasións.

 

Ver as actividades da Comisión de Incidencia

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.