Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 3 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1919 accesos
  • Visitas Total: 2862019 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Comisión de Xénero

A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD constitúese o 21 de xuño de 2007. Nesa primeira reunión acórdase a súa denominación como “Comisión de Xénero”, o sistema de funcionamento, a misión do grupo, as súas áreas de traballo, así como a definición de obxectivos específicos e a programación das actividades a levar a cabo ese mesmo ano. A iniciativa de poñer en marcha unha Comisión de traballo sobre xénero xorde das inquedanzas dalgunhas das ONGD que amosaban unha sensibilidade especial na tarefa da erradicación da desigualdade de xénero e o firme compromiso de integrar o enfoque de xénero nas súas actuacións e procedementos internos. Este propósito foi reforzado na Comisión de Xénero tras a realización dunha investigación sobre a integración da perspectiva de xénero nas ONGD, a través da que se chegou á conclusión de que, por regra xeral, nas ONGD galegas a incorporación da perspectiva de xénero non é unha liña estratéxica establecida, nin unha prioridade, polo que existe a necesidade de seguir avanzando neste aspecto.

Obxetivos da Comisión

O grupo de Xénero da Coordinadora asume como obxectivos principais: 1. Dinamizar e apoiar os procesos de incorporación da perspectiva de xénero en todas as actividades das ONGD galegas, especialmente nos seguintes eidos: funcionamento interno, proxectos de desenvolvemento e actividades de sensibilización e educación. 2. Lograr a integración do enfoque de xénero nas políticas públicas de cooperación. 3. Promover condicións para que as ONGD reflexionen e se formen nos temas que teñen que ver co logro da equidade de xénero no desenvolvemento. 4. Capacitar ás compoñentes da Comisión para impartir formación de xénero aos colectivos sociais galegos. 5. Propiciar a integración das estratexias de xénero dentro da estrutura interna da propia CGONGD.

¿Quén a integra?

ACSUR-Las Segovias, Arquitectos sen Fronteiras, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Axuda en Acción, Intered,

Traballos Realizados

2010. Seminario Avaliación de proxectos con perspectiva de xénero. Seminario realizado na Sala As Lagoas (A Couña), en outubro, no que participaron unhas 20 persoas e que tiña como obxectivo aportar claves para mellorar na transversalización da perspectiva de xénero nas avaliacións levadas a cabo nos proxectos no exterior.
 
2010. Documento de incidencia para a convocatoria de proxectos 2011. Elaboración dun documento de incidencia para a incorporación do xénero nas convocatorias de proxectos no exterior, de proxectos de educación para o desenvolvemento e de fortalecemento.

2009. Seminario Galicia cara a unha política institucional de transversalización de xénero. Seminario realizado no Centro da Muller de A Coruña, en novembro, no que participaron unhas 25 persoas e que tiña como obxectivo afondar na avaliación de proxectos con perspectiva de xénero, así coma na idea de que é precisa unha estratexia de incidencia de xénero para a Cooperación Galega.
 
2009. Documento de incidencia para o Plan Director 2010/2013. Dopropio seminario de novembro, e do traballo con Nava San Miguel na parte de autoformación do grupo, saíu un documento de incidencia importante de cara ao novo Plan Director da Cooperación galega.

2008. Curso de introdución ao enfoque de xénero en cooperación. Ao longo das sete horas de seminario, presentouse unha introdución xeral ao concepto do xénero e a súa aplicación na cooperación ao desenvolvemento dende un punto de vista amplo, centrándose no enfoque político do xénero (e non só no funcional) para, finalmente, rematar cunha achega de exemplos prácticos  

2008. Curso de autoformación para as integrantes da Comisión de Xénero. Este curso, dirixido ás persoas integrantes da Comisión de Xénero e dinamizado por Paz Caínzos, percorreu dun xeito práctico e teórico, a través de metodoloxías da Educación Popular, cada unha das etapas do ciclo do proxecto, para así redactar propostas de desenvolvemento dende o enfoque do Marco Lóxico integrando a perspectiva de xénero.
 
2008. Curso “O enfoque de xénero como ferramenta indispensable na miña organización”.
Este curso, orientado principalmente ao persoal técnico de proxectos das ONGD integradas da Coordinadora, tiña como obxectivo coñecer a estratexia de xénero na AECID, o ciclo do proxecto con enfoque de xénero (identificación, formulación, execución, seguimento e avaliación) e un exemplo de boas prácticas no Sur.
Nel participaron expertas internacionais no tema de xénero coma Haydée Castillo (Presidenta do Foro de Mulleres para a Integración Centroamericana) ou Ana Lydia Fernández Layos (WIDE España), así coma outras do panorama nacional coma Paz Caínzos, Irene Rodríguez Manzano e Paula Cirujano.
 
2008. Publicación do manual “Xénero e Desenvolvemento”. Este caderno quere ser un instrumento teórico para o debate e a reflexión sobre os temas de xénero e desenvolvemento na sociedade galega. Para isto, aborda temas relacionados coa perspectiva de xénero que van dende os conceptos básicos, a súa evolución histórica, os datos sobre a feminización da pobreza... ata unha análise da linguaxe sexista ou a concepción intercultural do xénero. A presentación pública deste manual realizouse en Santiago de Compostela no Club Internacional de Prensa, o 23 de marzo do 2009.
 

 

Ver as actividades da Comisión de Xénero

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.