Comisión de Comercio Xusto
A Comisión de Comercio Xusto e Consumo Responsable, foi a primeira en ser constituída e comezou a traballar no ano 2006.
A misión desta comisión baséase en dous principios básicos:
•Mellorar o grao de información, formación e compromiso da sociedade e autoridades da administración pública galega (sobre todo as que teñen decisión sobre o proceso de compra pública ética), no ámbito do Consumo Responsable e o Comercio Xusto,
•Mellorar e aumentar a dispoñibilidade (oferta) e accesibilidade ao Comercio Xusto por parte das familias e consumidoras/es en Galicia.
Obxetivos da Comisión
Co desexo de crear unha coordinación, cunha base sólida, dentro do Comercio Xusto de Galicia, de formar unha plataforma de sensibilización do Comercio Xusto ante a cidadanía e as institucións e de crear unha rede de comunicación, a Comisión traballa arredor de tres obxectivos:
•Difusión, sensibilización e educación sobre Comercio Xusto e Consumo Responsable entre a sociedade galega e as propias ONGD da CGONGD para a súa efectiva transversalización
•Incidencia política sobre CX e CR diante das institucións públicas galegas para que adopten un modelo de Compra Pública Ética e Sostible.
•Formación Interna: Difusión e elaboración de estudos, formación interna e debates.
¿Quén a integra?
A Cova da Terra
Amigos da Terra
Axuda en Acción
Intermón Oxfam
Panxea
Solidariedade Internacional de Galicia
Taller de Solidariedade
Traballos Realizados
2010. Día do Comercio Xusto. Un ano máis as seis principais cidades galegas acolleron a celebración do Día Internacional do Comercio Xusto, con carpas de venda, exposición e información sobre produtos de comercio xusto.
2010. Seminario “pautas para incluír a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable nas ONGD”. No mes de decemebro, na Casa das Asociacións do Concello de Santiago, a comisión organizou un seminario de autoformación no que se espuxeron e se analizaron as claves para a posible transversalización do medio ambiente e o consumo responsable no día a día das ONGD.
2009. Día do Comercio Xusto. Un ano máis as seis principais cidades galegas acolleron a celebración do Día Internacional do Comercio Xusto, con carpas de venda, exposición e información sobre produtos de comercio xusto.
2009. Seminario “Políticas de Compra Pública Ética e Sostible”. No mes de outubro, na Casa das Asociacións do Concello de Santiago, a comisión organizou un seminario de autoformación sobre a CPE, no que participou José Luis Escudero, membro da Rede por un Comercio Xusto de Castela a Mancha.
2009. Documento de incidencia para o Plan Director 2010/2013. O grupo de traballo elaborou, tralo seminario de Compra Pública Ética, un documento de incidencia de cara ao novo Plan Director, esixindo comportamentos responsables á Xunta de Galicia, así coma, por exemplo, a transversalización do enfoque de consumo responsable en tódalas accións de cooperación.2008. Encontro de Autoformación da Comisión de Comercio Xusto. Celebrado no Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago de Compostela. As persoas integrantes da Comisión de Comercio Xusto participaron neste encontro encamiñado á discusión e achegamento de posturas entre as diferentes ONGD galegas de Comercio Xusto, e as súas diferentes perspectivas deste movemento mundial.
2008. Seminario de Financiamento Ético. Celebrado na Universidade da Coruña. O 12 de novembro, a Comisión de Comercio Xusto impulsou dende a Coordinadora a realización deste seminario, en colaboración coa OCV.
Neste seminario contouse coa presenza de Arcadi Oliveres, Presidente de Justicia i Pau e Profesor da UOC, experto analista da banca e dos sistemas financeiros internacionais. Ademais da análise crítica de Arcadi Oliveres, o seminario pretendía sobre todo ofrecer ás persoas oíntes alternativas próximas e reais de finanzamento ético, como son as de Ais o Peto (Raúl Asegurado), Sinerxia (Ramón Carmelo) ou Fiare Internacional (Peru Sasia).
2008. Día do Comercio Xusto. O día 10 de maio, seis cidades galegas celebraron ao tempo o Día Internacional do Comercio Xusto, organizado polas ONGD integradas na Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora.Arredor dunhas 10.000 persoas entraron en contacto co Comercio Xusto, a través das diferentes actividades que se levaron a cabo.