Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1948 accesos
  • Visitas Total: 2862048 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Comisión de Educación para o Desenvolvemento

O grupo de Educación para o Desenvolvemento (EpD) constitúese formalmente na xuntanza do 28 de novembro do 2007, nunha primeira reunión na que se tentaron poñer as bases do seu funcionamento interno e realizar unha primeira planificación da súa actividade de cara o 2008. A misión desta Comisión de Educación para o Desenvolvemento é de contribuír ao coñecemento, difusión e práctica da educación para o desenvolvemento en Galicia, así coma mellorar o grao de información, formación e compromiso das autoridades de educación e da cidadanía galega cos ODM, erradicación da Pobreza e desenvolvemento sostible.

Obxetivos da Comisión

Os obxectivos que marcan a labor que desempeña a Comisión de Educación para o Desenvolvemento da CGONGD poden resumirse nos seguintes: 1. Debate conceptual sobre a Educación para o Desenvolvemento. Promover o debate e a reflexión, nas organizacións, na sociedade galega e na propia Coordinadora, establecendo recomendacións prácticas en torno á educación para o desenvolvemento. 2. Socialización e formación en materia de educación para o desenvolvemento entre as ONGD integradas na Coordinadora. 3. Incidencia política no eido da Educación para o Desenvolvemento. Traballo de presión política de cara ás Administracións Públicas e institucións privadas, e as súas actuacións e incidencia para converterse a Comisión en interlocutor válido en materia de educación para o desenvolvemento. 4. Creación de redes de Educación para o Desenvolvemento e participación en redes xa existentes.

¿Quén a integra?

Asemblea de Cooperación Pola Paz Axuda en Acción Entreculturas Enxeñería sen Fronteiras FISC Intervida Mans Unidas Jóvenes y Desarrollo Solidariedade Internacional de Galicia

Traballos Realizados

2010. Participación no Foro Mundial de Educación de Santiago de Compostela a través dunha actividade autoxestionada titulada: “Educación para a cidadanía global: un novo marco teórico para a Educación ao Desenvolvemento”.
 
2010. Documento de alegación á convocatoria de Educación para o Desenvolvemento da Xunta de Galicia que foi asumido case na súa totalidade. 
 
2010. Edición da Guía de Recursos Didácticos sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). O obxectivos desta publicación foi informar, de xeito sistematizado, sobre os recursos educativos relacionados cos ODM que as ONGD galegas teñen dispoñibles a través das súas webs ou nas propias sedes.

2009.    Seminario “Educación ao desenvolvemento: retos e desafíos”. En setembro, a comisión organizou un seminario de dous días para afondar nos novos retos da ED. Nel participaron Mª Luz Ortega, que expuxo a nova Estratexia de ED da Cooperación Española, Arantxa Freire, para falar da ED en Europa e Rosa Mª Fernández, que falou da avaliación de proxectos de ED en Galicia.

2009.    Documento de incidencia para o Plan Director 2010/2013. Como consecuencia do seminario, e sobre todo do traballo feito sobre a Estratexia de ED da Cooperación Española, a comisión elaborou un documento de incidencia de cara ao novo Plan Director.
 
2008. Publicación do “Caderniño de Educación para o Desenvolvemento”
Con este traballo, preténdese achegar á comunidade educativa galega, formal e informal, unha outra forma de entender a educación, unha educación relacionada coas novas formas de cidadanía global.
O caderniño, ademais de presentar a Comisión de Educación á comunidade educativa, como punto de referencia para a asesoría en temas de Educación para o Desenvolvemento, achégalle a esta unha noción sinxela do que esta significa.
Así, fai un pequeno percorrido pola definición da Educación para o Desenvolvemento, o ámbito no que esta se desenvolve, os principais actores e axentes que a promoven, aportando así mesmo un pequeno catálogo de recursos e enlaces de interese.
 
2008. Encontros de Autoformación para as persoas integrantes da Comisión de Educación para o Desenvolvemento. Celebrados na Sede da Coordinadora. A Comisión de Educación para o Desenvolvemento reuniuse en tres ocasións (21 de maio, 25 de xuño e 21 de xullo) na Coordinadora para realizar os seus Encontros de Autoformación. Nestes encontros, cada ONGD presentou a súa visión e traballo en temas de Educación para o Desenvolvemento, para así poder chegar a un posicionamento común da propia Comisión.

 

Ver as actividades da Comisión de Educación para o Desenvolvemento

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.