logo

AXENDA SOLIDARIA


Aberta a inscrición de "Futuro en Común. II Encontro Intersectorial: Pobreza, Desigualdade, Insostenibilidad"

13/03/2017 - 22/04/2017

Futuro en Común é un espazo que se está a impulsar entre moitas organizacións ecoloxistas, de dereitos humanos, feministas, de economía social, de desenvolvemento e loita contra a pobreza.

En 2015 iniciouse un proceso de construción dun relato común e de articulación de diferentes sectores sociais con diferentes sensibilidades. Nel, chegouse a un diagnóstico compartido dos tres grandes retos aos que nos enfrontamos como sociedade civil e humanidade no mundo. Estes son a pobreza, as desigualdades e a insostenibilidad ambiental.

Desde entón, emprendeuse un camiño para adoptar un decálogo de Futuro en Común e un traballo intersectorial a través do diálogo e a construción conxunta. Case dous anos máis tarde, atopámonos ante un relativamente novo no que seguimos compartindo a necesidade na abordaxe destes problemas de forma conxunta.

Por tanto, o próximo 22 de abril de 2017 organizamos o II Encontro Intersectorial: Pobreza, Desigualdade, Insostenibilidad en Madrid co obxectivo seguir avanzando cara á construción dese relato común e seguir construíndo un espazo de confianza e de apoio mutuo entre os diferentes sectores.

Neste encontro quérese afondar sobre as causas comúns da pobreza, a desigualdade e os problemas ambientais; identificar fitos comúns de incidencia e de mobilización; e avanzar cara ao apoio mutuo para a construción do cambio que nos propoñemos conseguir.

Neste enlace>>> atoparedes o programa

Podedes inscribirvos nesta ligazón>>>

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario