logo

AXENDA SOLIDARIA


Exposición "Unha viaxe solidaria e creativa á vida"

15/03/2017 - 17/04/2017

O próximo día 15 de marzo, na sala de Exposicións de Abanca Obra Social, na praza Cervantes de Santiago de Compostela, ás 20.00 horas, a ONGD Terra de Homes inaugura exposición “Unha viaxe solidaria e creativa á vida” a beneficio do noso proxecto Viaxe Cara á Vida.

Como continuación á iniciativa de Tino Poza, que ten o seu comezo na Coruña, cunha excelente acollida, a ONGD continúas na cidade de Santiago, onde Terra de Homes está presente desde finais do ano 2015, e onde xa foron trasladados 3 pequenos beneficiarios do proxecto Viaxe Cara á Vida, grazas á colaboración do voluntariado, familias de acollida, colaboradoras e o Grupo Hospitalario A Rosaleda e o Hospital Clínico de Santiago.

En total, 57 artistas de Santiago de Compostela uníronse para esta exposición colectiva. A iniciativa, que terá continuidade en Vigo.

A exposición estará aberta ao público de luns a venres, de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 21:00 h. para visitas concertadas e información poden chamar ao 628367030.

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario