logo

AXENDA SOLIDARIA


Xornadas "Auga en Compostela"

17/03/2017 - 31/03/2017

O Centro de Interpetación Ambiental de Compsotela (CIAC) organiza as tardes de venres deste mes de marzo encontros para coñecer de cerca o ciclo da auga en Santiago de Compostela.

A través das actividades programadas teremos ocasión de coñecer de onde ven a auga que chega as nosas billas e como hai que tratala antes e despois de pasar polos nosos fogares, así como as implicacións que estes procesos teñen. Tamén poderase descubrir máis sobre os nosos consumos de auga cunha interesante charla.

Venres 17 de marzo de 17.00h a 18:30h.
Visita á potabilizadora do Tambre.
(transporte desde o CIAC incluído)

Venres 24 de marzo ás 17.00h a 18:30h.
Charla: ”A Pegada Hídrica” Yago Lorenzo - Cetaqua.

Venres 31 de marzo ás 17.00h a 18:30h.
Visita á depuradora de Aríns 
(transporte desde o CIAC incluído)

A participación nas xornadas é de balde, mais por mor do límite de prazas do transporte para as visitas á potabilizadora e á depuradora é preciso inscribirse neste enlace>>>

Para máis información>>>>

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario