logo

AXENDA SOLIDARIA


Aberta a inscrición do II Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia

20/03/2017 - 15/04/2017

A Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia organizan o II Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que se celebrará o sábado, 22 de abril, na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra- A Coruña). O encontro terá por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector; creando ou revitalizando espazos de intercooperación.

Ao longo do día poderás saber máis de REAS Galicia (que fan e quen son), coñecer, compartir e cooperar con outras entidades de economía social, participar nas mesas de traballo sobre Auditoría Social ou na de "Outra economía, outra organización dos coidados" e haberá un mercadiño cos produtos das entidades de economía alternativa e solidaria. Para aproveitar ao máximo o tempo de encontro e reflexión, habilitaremos un espazo na Casa da Cultura para un xantar compartido.

​​O programa do encontro é:

11.00 Presentación de REAS Galicia

11.30 ReasCunchiño (Zona de exposición pública de proxectos, cun límite de 5 minutos por entidade)

14.00 Xantar

16.00 Mesas de traballo

Auditoría Social (Dinamizado por REAS Aragón)

Outra economía, outra organización dos coidados (Dinamizado por Mari Fidalgo)

18.00 Peche – Proxección de curta sorpresa

 

O evento é gratuíto, pero polo aforo limitado darase prioridade ás entidades inscritas.

Pódese facer efectiva a inscrición neste enlace>>> e o prazo para facelo remata o 15 de abril.

Para máis información podedes escribir a este enderezo: secretariareasgz@gmail.com

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario