logo

AXENDA SOLIDARIA


Conferencia de Mirelli Twayigira "De refuxiada ruandesa a doutora médica en Malawi"

19/06/2017 - 20/06/2017 Entreculturas, Fe e Alegría

A ONGD Entreculturas organiza en Vigo e Compostela dúas conferencias con Mireille Twayigira, unha muller refuxiada ruandesa de 25 anos que actualmente é médica en Malawi. Só con dous anos comezou unha interminable fuxida sen tregua por diferentes campos de persoas refuxiadas de África escapando do xenocidio de Ruanda, o seu país natal. Ao seu pai matárono. A súa nai morreu nun campo e ela sobreviviu e tivo a oportunidade de estudar, demostrando a súa brillantez académica a pesar das dificultades. Hoxe traballa como médica no hospital Queen Elisabeth no campo de persoas refuxiados de Dzaleka, en Malawi. E o seu obxectivo é axudar a quen, como ela, sofre a terrible situación de verse obrigada a abandonar o seu país.

As datas para escoitar a Mirelle Twayigira son:

VIGO, 19 de xuño. 20 horas. Centro Loyola (colexio Apóstol Santiago). Ás 20 horas.

COMPOSTELA, 20 de xuño. 18 horas. Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas da USC (Campus Sur)

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario