logo

AXENDA SOLIDARIA


Xornadas comunicación, poder e contrapoder - ECOAR)))

17/11/2017 - 08/12/2017

O venres 17 de novembro darán comezo as xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” en Santiago de Compostela. As xornadas, organizadas por ECOAR))), pasarán por 6 localidades diferentes, entre as cales A Coruña e Vigo, ata o seu peche o vindeiro 8 de decembro en Montpellier e Montreal.

As xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” analizarán, a través de diferentes especialistas e profesionais, os mecanismos de construción do discurso hexemónico e uniforme actual así como as relacións de poder que se tecen entre os medios de comunicación, o poder político e as transnacionais. Ao mesmo tempo, estas xornadas tamén irán debullando o xeito en que se organizan as persoas na construción do contrapoder a través da vertebración dun discurso alternativo e unha nova cultura que ten como punto central a transformación Da cidadanía en suxeitos activos, grazas á aparición de novas ferramentas, novos coñecementos e unha concepción diferente da comunicación e a información a partir da aparición de internet.

As xornadas, financiadas cunha exitosa campaña de microfinanciamento a través da Asociación Pepa Loba, confórmanse por palestras de carácter aberto e gratuíto que estarán conectadas entre si a través do espazo dixital.

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario