logo

BIBLIOTECA DA COORDINADORA

A Coordinadora Galega de ONGD dispón dunha Biblioteca con máis de 1.500 exemplares catalogados. Publicacións sobre dereitos humanos, voluntariado, xénero, conflictos internacionais, educación para o desenvolvemento, comercio xusto...

A Biblioteca atópase na sede da Coordinadora Galega de ONGD (Rúa Basquiños 33, 1º-A), en Santiago de Compostela.

Está aberta a todas as persoas que estean interesadas en facer uso do seu catálogo. As persoas usuarias da biblioteca terán que rexistrarse e achegar o seus datos. 

¿Cales son as condicións de préstamo?

Cada usuaria poderá dispoñer dun máximo de dous exemplares. O tempo máximo de cesión será de 15 días, con posibilidade de acollerse a unha prórroga de 7 días.

Para comunicar a petición de prórroga, a persoa interesada deberá chamar por teléfono á Coordinadora (981 585 189) ou enviar un correo electrónico a administracion@galiciasolidaria.org.

As persoas que superen o límite do préstamos sen previo aviso serán penalizadas. Por cada día de atraso, computarase tres días sen poder usar o servizo da biblioteca.

As devolucións, como os préstamos, faranse na sede da Coordinadora Galega de ONGD.

¿Cal é o horario de biblioteca?

O horario da biblioteca será de 9:30 a 14:00 horas, de luns a venres, e de 16:00 a 18:00 horas, de luns a xoves.

¿Como rexistrarme?

Se xa estou rexistrado, ¿como consultar o catálogo?

<< volver

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario