logo

COMISIÓNS DE TRABALLO

As Comisións de Traballo da Coordinadora son grupo formados por distintas ONGD nos que se traballan temáticas específicas de interese para as organizacións. Para participar nas Comisións de Traballo non é preciso que a ONGD estea integrada na Coordinadora!

En total hai 4 Comisións. Son estas:

 

Comisión de Educación para o Desenvolvemento

O grupo de Educación para o Desenvolvemento (ED) constitúese formalmente na xuntanza do 28 de novembro do 2007, nunha primeira reunión na que se tentaron poñer as bases do seu funcionamento interno e realizar unha primeira planificación da súa actividade de cara o 2008.

Educación para o Desenvolvemento debe entenderse como un proceso a medio e longo prazo para xerar conciencias críticas, facer a cada persoa responsable e activa, co fin de construír unha sociedade civil, tanto no Norte como no Sur, comprometida coa solidariedade,  entendida esta como corresponsabilidade, e participativa, cuxas demandas, necesidades, preocupacións e análise se teñan en conta á hora de tomar decisións políticas, económicas e sociais.

IV CONGRESO EDUCACIÓN PARA EL DESARROLLO from Auzo.tv on Vimeo.

Actualmente a Comisión está formada por Amigos da Terra, Asemblea de Cooperación pola Paz, AGARESO, Educo, Enxeñería sen Fronteiras, Intered, Mans Unidas, Solidariedade Internacional de Galicia e a propia Coordinadora.

Comisión de Incidencia

A Comisión de Incidencia Política creouse o 17 de setembro de 2008, e foi ratificada pola Asemblea Xeral Extraordinaria de Febreiro de 2009. Esta comisión traballa na procura da transformaicón das políticas municipais, nacionais e internacionais para acadar un mundo máis xusto. Como? Intentando influír naquelas persoas, organismos e institucións do ámbito público e privado que toman decisións, elaboran leis e distribúen os recursos que afectan ao benestar e oportunidades das persoas.

Traballar para a existencia de políticas municipais e galegas de cooperación internacioal, de calidade e dotadas de orzamentos que permitan cumprir cos compromisos de loita contra a pobreza é unha das principais tarefas desta Comisión.

Actualmente está formada por: AGARESO, Asemblea de Cooperaicón pola Paz, Arquitectura sen Fronteiras, Educo, Enxeñería sen Fronteiras, Entreculturas, Oxfam Intermon e a propia Coordinadora.

 

Comisión de Código de Conduta e Normativa

O grupo de traballo de Normativa e Código de Conduta constituíuse o 26 de novembro de 2007, baixo a necesidade de dotar normativamente á Coordinadora duns novos Estatutos e Regulamento de Réxime Interno.

A Comisión traballa actualmente na revisión dos criterios de transparencia e bo goberno das ONGD integradas, un requisito que as ONGD galegas que terán que superar nos próximos anos. Máis info>>>

Actualmente está formada por: Farmamundi, Médicos do Mundo, Solidariedade Galega, Fundación Fabre e a propia Coordinadora.

 

Comisión de Comercio Xusto

A Comisión de Comercio Xusto e Consumo Responsable, foi a primeira en ser constituída e comezou a traballar no ano 2006. O comercio xusto está baseado no diálogo, a transparencia e o respecto que busca unha maior equidade no comercio internacional. O comercio xusto contribúe a un desenvolvemento sostible ofrecendo mellores condicións comerciais e asegurando os dereitos das persoas produtoras e traballadoras, especialmente no Sur.

A misión desta comisión baséase en dous principios básicos.

  • Mellorar o grao de información, formación e compromiso da sociedade e autoridades da administración pública galega (sobre todo as que teñen decisión sobre o proceso de compra pública ética), no ámbito do Consumo Responsable e o Comercio Xusto.
  • Mellorar e aumentar a dispoñibilidade (oferta) e accesibilidade ao Comercio Xusto por parte das familias e consumidoras/es en Galicia.

Actualmente a Comisión de Comercio Xusto está formada por Oxfam Intermon, Panxea, Solidariedade Internacional, Taller de Solidaridad e a propia Coordinadora.

 

Grupo de Xénero

O Grupo de Xénero da Coordinadora colleu o relevo da Comisión de Xénero que se consituíu en  o 21 de xuño de 2007. Despois dunha etapa de dous anos sen actividade, o Grupo de Xénero púxose de novo en marcha en 2016 coa vontade de ser un espazo de aprendizaxe conxunto aberta a calquera persoa que queira participar (que forme parte, ou non, dalgunha ONGD) e que estea interesada en recoñecer o patriarcado, desaprender cuestións vinculadas aos roles de xénero e afondar sobre as causas consecuencias da feminización da pobreza no mundo.

Actualmente estamos a traballar internamente para levar a cabo unha primeira autoformación o primeiro trimestre de 2017. Se estás interesado ou interesada en participar, ponte en contacto connosco!!!

 

Parte do traballo feito pola Comisión de Xénero os útimos anos de funcionamento foi a elaboración de publicacións para difundir a teoría e a práctica sobre o traballo de Xénero no Desenvolvemento. Foron:

- Xénero e Desenvolvemento>>>

- Decálogo para a transversalizaicón do xénero nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento>>>

 

Another rare bird passed my studio a later date: the Audemars Piguet Royal Oak Chronograph City of Sails. For nearly any cheap Audemars Piguet City Of Sails Replica Watches this huge, it's remarkably light - Since it is a combination of stainless and titanium Much more remarkably, there breitling bentley replica tag heuer link replica Replica Rolex Air King doesn't seem to become anywhere of compromise produced inside the conclusion, that's amazing as titanium is unquestionably an incredibly difficult material to take advantage of - especially decorating.

<< volver

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario