logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición de formación Ffotoeduca

09/04/2018 - 28/04/2018

Despois de dez anos construíndo xunto con todas as persoas que participaron nos obradoiros de Ffotoeduca "Que pode facer unha muller cunha cámara? agora chega o momento de formar a outras ffotoeducadoras para espallar esta metodoloxía de educación emancipatoria.

Este curso vai dirixido a todas aquelas persoas que estean interesadas en ampliar a súa caixa de ferramentas educativas ou simplemente precisen recursos para facilitar o traballo grupal.

A fotoeducación é unha ferramenta que permite crear espazos de diálogo, exploración de temáticas diversas e expresión creativa desde o pensamento crítico e a curiosidade.

A través da fotografía como documento e representación artística introducímonos na cultura visual que nos axuda a comunicarnos mais efectivamente, tanto a "ler ", a interpretar as mensaxes trasnferidas polas imaxes como a "escreber" utilizando unha cámara ou fotografías.

O enfoque é feminista polo que se recomenda unha mínima sensibilidade e interés por este tema. Os recursos e materiais utilizados son elaborados a partir desta perspectiva, o que o fai esta formación especial e singular.

Datas: Sábados 5, 12, 19 e 26 de maio.
Horario: 10:30 a 14.
Lugar: Libraría Lila Lilith (Rúa Travesa, 7, Compostela). O día 5, faremos paseo polas rúas de Compostela.
Custo: 80€ curso completo. 25€ cada sesión.
Inscricións: antes do sábado 28 de Abril.

Formulario>>>

Para máis información, aquí>>>

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario