logo

Libro recomendado

"O colapso dos microcréditos na cooperación ao desenvolvemento"

microcreditos.jpg

 

"Durante décadas, os microcréditos presentáronse como un dos dogmas máis exitosos na loita contra a pobreza, repletos de bondades, éxitos e beneficios. Con todo, estes non cumpriron as numerosas promesas que os organismos internacionais e as ONGD fixeron, ata o punto que se pode afirmar que os microcréditos representan un dos maiores fracasos nas políticas de cooperación ao desenvolvemento, sendo utilizados en non poucas ocasións de forma fraudulenta para impulsar políticas e intervencións neoliberais contrarias aos supostos beneficios cara aos seus destinatari@s que con frecuencia se publicitaron. De feito, as microfinanzas viven en todo o mundo un proceso de cuestionamento moi profundo, tanto por algúns sucesos de enorme gravidade que alimentaron, como polo resultado de investigacións, avaliacións e publicacións de relevancia, practicamente descoñecidos no Estado español.

 

Este libro desenvolve os estudos que sobre esta materia vén realizando o seu autor, Carlos Gómez Gil, utilizando unha ampla batería de documentos e investigacións académicas de importancia. Analízanse as orixes, a evolución, o auxe e o cuestionamento das microfinanzas en todo o mundo e o seu controvertido papel no Estado español, examinando as razóns do seu fracaso así como os problemas e limitacións máis importantes das microfinanzas".

Máis información>>>

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario