logo

Libro recomendado

"O lume escondido: as vítimas das minas no Sáhara Occiental"

decemebro.jpg

As vítimas de minas tamén son vítimas dos silencios. O silencio do horror tras as explosións e o do silenciamento da súa situación. Calcúlase que no deserto do Sáhara, que é unha das zonas con máis minas e bombas de racimo do mundo, producíronse máis de 4.000 vítimas, entre mortas e feridas, desde o inicio do conflito en 1975.

A maioría dos casos deste estudo déronse tras a firma do cesamento do fogo en 1991, debido a que as minas permanecen nunha gran extensión escondidas, ameazando a vida da xente. É dicir, a guerra continúa por estes medios contra a poboación civil, mulleres, nenos e nenas, homes adultos que viven no deserto cos seus rabaños.

Esta investigación baséase en testemuñas de 154 vítimas saharauís de minas aos dous lados do muro construído por Marrocos e algunhas testemuñas chave. Dá conta do impacto desta problemática silenciada, da alteración do modo de vida e a cultura dos beduinos, das consecuencias na vida e a saúde dos sobrevivientes, a maioría deles con discapacidades, e as súas familias, así como de quen perdeu os seus seres queridos. Analízanse as medidas de desminado e a responsabilidade das partes, os pasos decididos dados pola Fronte Polisario e a necesidade da firma da convención de Ottawa por parte do Reino de Marrocos, así como a necesidade dun acordo entre as partes para que a problemática do muro, o desminado e a atención ás vítimas sexan parte da saída política ao conflito que segue esperando o compromiso internacional. Mentres tanto, as vítimas seguen producíndose, porque o lume segue aí.

Neste enlace>>> podedes acceder ao libro

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario