logo

NOVAS

Dec18

Non caias na trampa do consumismo!

Achéganse as Festas de Nadal e Reis e dende a rúa, as redes e a televisión a publicidade e os carteis luminosos convídanos a gastar para sentirnos mellor e facer sentir mellor aos seres queridos cos nosos agasallos! A maioría de nós mercaremos con gusto algún detalle á familia e amizades. Pero temos unha boa nova: podemos facelo sen caer na trampa do consumismo!!! Como? Non mercando roupa feita baixo condicións inhumanas; nin bombóns feitos con cacao producido por persoas que non cobran un soldo xusto. Non agasallando aparellos electrónicos fabricados a costa de guerras e mortes; nin xoguetes sexistas; nin colonias testadas en animais...

Coñecemos unha chae de alternativas para que que a familia quede contenta e ti, a cambio, consumes responsablemente e deas a coñecer alternativas xustas no marco da economía solidaria. Poderías imaxinarte un mellor agasallo?

ALIMENTACIÓN

Comercio Xusto. Asociación de comercio baseada no diálogo, a transparencia e o respecto, que busca unha maior equidade no comercio internacional de produtos como o café, o cacao, azucre, algodón, la... Neste enlace>>> atoparedes máis información sobre o comercio xusto.

Algunhas opcións en Galicia:
A Cova da Terra>>
Amarante>>
Oxfam Intermón>>
Panxea>>>
Solidariedade Internacional de Galicia>>
Taller de Solidariedade>>
Viraventos>>>

De proximidade e tempada

Hai alimentos que non se producen no noso territorio e que consumilos aquí imlica un alto consumo de combustibles fósiles que contribúen ao cambio climático. Aínda que as veces non teñamos suficiente informaicón, moitos outros alimentos crecen nas hortas a uns pouco quilómetros da casa e cando é a tempada correspondente. Aínda que nolo 'venderon' baixo os efectos da normilidade, comer mazás de Chile, espárragos de China e mercar tomates en xaneiro non é sustentable

Algunhas ideas

En Galicia hai grupos de consumo, cooperativas de consumo e proxectos integrais con moeda social propia nas que poder consumir responsablemente e coidando o medio.

Proxecto Integral de Compostela>>
Cooperativa de consumo responsable Zocaminhoca>>

Cooperativa árbore>>>
Mercado entre Lusco e Fusco>>

ROUPA

Non toda a roupa do mundo está fabricada por Inditex, aínda que as veces poida parecer imposible! En Galicia, hai alternativas textiles que fortalecen e apoian o medio ambiente, que traballan baixo criterios sociais, fan produción local e contan con persoal contratado con horarios e soldos dignos.

MOV3. Galicia Viste Consciente é un grupo de traballo multidisciplinar constituído por persoal de Amarante Setem e profesionais do deseño, xornalismo, audiovisuais e estilismo que ofrecen alternativas téxtiles existentes ou en nacemento en Galicia e dar resposta á crecente demanda da sociedade galega de facer un consumo responsable de roupa

XOGUETES

É importante ser conscientes que algúns xoguetes son sexistas porque promoven a diversión dende a asunción de roles de xénero, aínda que dependerá de como se xogue-utilice o xoguete para poder mudar eses roles. Unha nena pode xogar a ser exploradora, cociñeira ou super heroína. E un neno pode xogar a ser perruqueiro, futbolista ou enfermeiro . Tamén é interesante agasallar xogos que permitan usar a imaxinación e que promovan pensar e aprender valores como a responsabilidade, o traballo en equipo e a diversión como obxectivo!

Nesta enlace atoparedes unha Guía xoguetes non sexistas nin violentos>>> Por outro lado, tamén podedes atopar xogos baseado nos comercio xusto. Neste enlace atoparedes algunhas ideas>>>

ELECTRÓNICA ÉTICA

Os minerais necesarios na electrónica están a miúdo asociados a conflitos e abusos laborais. Un dos casos máis coñecidos é o de República Democrática do Congo, país onde se atopa o 80 % das reservas mundiais de coltán, un mineral fundamental para a fabricación dos dispositivos electrónico. A extracción do coltań segue alimentando un conflito que provocou nos últimos 15 anos máis de cinco millóns de mortes. Existen alternativas de electrónica xusta>>> e é responsabilidade nosa utilizalas e promover a súa existencia e uso! Tamén, facer efectiva a vida útil dun aparello e reiclar as súas pezas nos lugares destinados a iso.

OUTRAS IDEAS

Faino ti mesm@

Sabes tecer unha bufanda? Tes algunha habilidade artística? Gústache escribir? Tes ahbilidades para as manualidades? Potencia a túa creativa e regala algo feito por ti mesm@. Dedicar tempo a facer e non á comprar é moi transformador!

Regala cultura

Un libro, unha película, unha banda deseñada, unhas entradas para un concerto ou unha obra de teatro. Unha subscrición a un xornal de comunicación social ou a unha revista.

Regala unha experiencia feita por ti

Nos últimos anos puxéronse de moda os paquetes de experiencias e aventuras, unha fórmula sinxela á vez que orixinal para regalar. Pero, e se organizas ti mesm@ a experiencia? Preparar unha saída, unha cea ou unha actividade pola túa conta seguro que é máis personalizado.

Comparte tempo, saberes e recursos!

Compartir é un dos agasallos máis transformadores! Compartir o teu tempo para acompañar a persoas que precisan apoio, para levar a cabo accións de voluntariado. Compartir os teus saberes de xardinería, gastronomía ou electrónica. Compartir obxectos, e mesmo cartos, que poidas deixar ou doar a persoas e colectivos que o precisen. Doar xoguetes, roupa ou libros que estean en boas condicións e que outras persoas poidan utilizar.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario