logo

NOVAS

Xan16

Queres axudar ás persoas refuxiadas? Algunhas ideas

1) Fórmate e informa. Colabora en difundir a realidade que están a vivir as persoas refuxiadas e os motivos desta crise. Podes implicar a túa asociación veciñal, parroquia, asociación deportiva ou cultural para que difunda esta información e si posicione. Consulta nestas páxinas información, posicionamentos e accións reivindicativas:

- Infórmación sobre o sistema de asilo no Estado español (Amnistía Internacional)>>>

- Blog Europa sin Refugio>>>

- Blog do traballo que leva a cabo Médicos do Mundo>>>

- Web Rede Galega en Apoio as Persoas Refuxiadas>>>

- Posicionamiento Coordinadora Galega de ONGD e Rede Galega contra a Pobreza>>>

2) Esixe aos diferentes partidos e administracións que fagan presión para que se atendan e acollan ás persoas refuxiadas. Investiga que está a facer o teu concello polas persoas refuxiadas y de que xeito presionan ás administracións autonómicas e estatais. Organízate para que se presenten mocións no teu concello e para que a Xunta de Galicia se posicione. Pregunta aos políticos e políticas nas redes sociais que opinión e que propostas teñen parar garantir os dereitos das persoas refuxiadas, etc.

3) Infórmate se está previsto que cheguen persoas refuxiadas ao teu concello. Algúns están coordinando a acollida con ONG locais que se encargan de cubrir o máis básico (vivenda, educación e atención sanitaria). A cidadanía é imprescindible no acompañamento para a súa incorporación á vida social cotiá.

4) Infórmate ben sobre as organizacións ás que queres facer doazóns materiais. Se queres colaborar, infórmate sobre as organizacións ás que queres doar obxectos, alimentos ou roupa. Consulta a súa web, chama ou escribe para asegurarte que a axuda chega a organizacións profesionais, transparentes, con presencia en el terreo e con capacidades para prestar una axuda eficaz e con impacto entre as persoas refuxiadas.

É moi importante ter en conta o protocolo de boas prácticas en axuda humanitaria>>> que, entre outras cuestións, especifica que, sempre que sexa posible, a axuda debe prestarse aproveitando os recursos locais e rexionais para evitar os custes adicionais (ambientais e financeiros) e para favorecer a economía local e rexional do país.

5) Fai donativos económicos ás organizacións especializadas que traballan nos países de primeira acollida, de tránsito ou aquí. Moito mellor facerse socio e socia. O apoio puntual é importante, pero as axudas regulares permiten planificar e organizarse mellor. A axuda efectiva para as persoas refuxiadas precisará do apoio continuado de todos e todas. Proporcionar axuda económica permite que as organización que traballan en terreo poidan destinalo en cada momento ás necesidades que detectan.

Estas son algunhas das ONGD que traballan en países de orixe das persoas refuxiadas e no traballo de acollida e asilo:

Cruz Vermella

Ecos do Sur

Entreculturas

Farmamundi

Médicos do Mundo

Médicos Sin Fronteras

Oxfam Intermon

Amnistía Internacional

Comisión Española de Axuda ao Refuxiado

Save the Children

Unicef

6) Ofrécete como voluntario/a ou activista ás organizacións especializadas no ámbito do asilo, refuxio e que traballan con persoas migrantes. En Galicia xa hai persoas refuxiadas ou esperando que se lles recoñeza o status. E cada día chegan máis refuxiades e migrantes por Ceuta e Melilla. Polo xeral, as organizacións de acollida dispoñen de pouco persoal e agradecerán o apoio. Quizáis tardan en responder así que haberá que ter un pouco de paciencia.

ACCEM

Ecos do Sur

Humanismo e Democracia

Médicos do Mundo

SOS Racismo

Viraventos

7) Ciberactúa. Moitas organizacións teñen campañas abertas en internet e nas redes sociais para presionar as autoridades españolas e europeas. Hai que esixir ao goberno central e ás institucións europeas unha resposta rápida e efectiva, o cumprimento dos seus compromisos e o respecto dos Dereitos Humanos. Algunhas campañas:

Uerfanos (Comisión Española de Ayuda al Refugiado)

#YoAcojo (Amnistía Internacional)

#YoSoyTierradeAcogida (Entreculturas)

Campaña Casos Vulnerables (Bienvenidos Refugiados)

Hospitalidad (Sector Social da Compañía de Xesús)

8) Fai traballo educativo na escola, no tempo libre, na túa casa... Hai que explicar aos nenos e nenas o que está pasando. Moitas organizacións dispoñen de materiais educativos para traballar temas sobre asilo, refuxio e migracións. Algunhas ideas:

Rede de Recursos educativos Edualter>>>

Unidades Didácticas de Entreculturas>>>

Unidade Didáctica de Amnistía Internacional>>>

Escolas sen Racismo>>>

9) Faite activista de organizacións, campañas ou plataformas de denuncia das actuais políticas migratorias e de asilo da UE e dos seus Estados membros. A crise das persoas refuxiadas está moi relacionada coas desigualdades, as guerras, as migracións internacionais e a xenofobia.

10) Esixe que os teus impostos sirvan para axudar ás persoas refuxiadas. Investiga que está facendo o teu concello e a Xunta de Galicia a favor das persoas refuxiadas a nivel económico. Fai presión para que haxa políticas e recursos estables para axudar ás persoas refuxiadas, agora e mañá.

11) Colabora como socio/a, voluntario/a, activista ou ciberactivista con calquera organización que traballe en cooperación internacional e na defensa da paz e os dereitos humanos. Sen desigualdades, sen guerras e sen vulneración dos Dereitos Humanos no habería crise das persoas refuxiadas. Hai que entender e atender os problemas que causan estas crises. É un xeito indirecta de axudar a quen necesita asilo e a única forma de conseguir que o número de refuxiadas e migrantes económicas siga crecendo.

*Esta información estará en constante actualización. Podeis hacernos llegar propuestas para actualizarla.

Recorda: a solidaridade efectiva sempre é de larga duración. As persoas refuxiadas tamén necesitan o noso apoio e a nosa atención cando no son noticia!

 



Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario