logo

NOVAS

Feb10

Polétika, análise dos 100 primeiros días de Goberno

 

Poletika compóñena organizacións e movementos da sociedade civil, unidos para vixiar e presionar a candidatos/as e partidos políticos para que os dereitos das persoas estean no centro das políticas e alcanzar unha sociedade máis xusta e menos desigual. Os temas sobre os que traballamos son cooperación e política exterior, fiscalidade, educación, saúde, salarios, xénero, protección social, participación e transparencia e infancia. Esta vixilancia e presión consta de 3 fases. Agora atopámonos na fase de VIXILANCIA

A análise realizada dos 100 primeiros días de goberno en 11 políticas para loitar contra a pobreza e a desigualdade demostra que, ata o momento, o que se avanzou foi importante, aínda que claramente insuficiente para cambiar a vida das persoas.

En Cooperación, o Parlamento presionou para debater a posibilidade de destinar o 0,4% da RNB á cooperación para o desenvolvemento.

COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO: Facemos presión para que a política de cooperación internacional para o desenvolvemento:

  • Aumente os recursos de AOD, chegando como mínimo a un 0,24% RNB para poder alcanzar o 0,4% en 2020.
  • Mellore a contribución e influencia global de España para loitar contra a pobreza extrema e a desigualdade no mundo.
  • Evite que o impacto doutras políticas anulen os avances na loita contra as desigualdades e a pobreza.

Descarga todas as demandas para a política de cooperación ao desenvolvemento aquí>>>  ou entrando na páxina da Coordinadora Estatal de ONG>>>

OS RETOS E O ANÁLISE

Hai cinco grandes restos políticos, sore os que as organizacións de Poletika van poñer o foco para realizar o labor de vixilancia e presión política a través da súa ferramenta web: www.poletika.org

Podes descargar a versión curta da análise aquí>>

Podes descargar a versión extendida da análise aquí>>


Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario