logo

NOVAS

Mar08

A Coordinadora súmase ao Paro Internacional de Mulleres convocado para este 8 de marzo

Decenas de asociacións e colectivo convocan o 8 de marzo un paro internacional de mulleres, un día de mobilizacións para loitar contra a violencia de xénero e o machismo en todas as súas expresións. Dende a Coordinadora Galega de ONGD sumámonos a este paro laboral e facemos un chamamento a todas as organizacións e ao resto da cidadanía para que o difunda e se sumen de formas diversas: facendo un paro nas tarefas de coidados,  paros parciais nos traballos asalariados, facendo folga de consumo, folga nas aulas ou participando das distintas mobilizacións e accións de protesta que terán lugar en centos de cidades (ver>>>).

A proposta do paro empezouse a xestar o ano pasado en dous lugares distintos. Por unha banda, as mulleres polacas realizaron unha folga dun día en contra da penalización do aborto. A súa loita deu resultado e esa mesma semana a lei era refutada no parlamento. Ese mesmo mes, varios colectivos latinoamericanos  organizáronse para levar a cabo un paro dunha hora e mobilizacións masivas baixo o lema 'Ni una menos' na maioría dos países. A finais de mes, colectivos de todo el mundo crearon o grupo do Paro Internacional de Mujeres.

En relación ás mulleres asalariadas, a convocatoria internacional fai un chamamento a abandoar o posto de traballo durante unhas horas. No Estado español, o paro está convocado de doce a doce e media do mediodía, aínda que tamén se prevé que poidan ser pola tarde ou a noite en función dos turnos de cada quen.

Como ONG de Desenvolvemento, e tras décadas de traballo con organizacións feministas de todo o planeta, temos moi claro que non hai desenvolvemento humano sostible sen igualdade de xénero. Hoxe, máis do 70% das persoas pobres en todo o mundo son mulleres e iso é froito dun sistema profundamente patriarcal no que as violencias, as desigualdades, as opresións e as inxustizas non permiten vivir as mulleres unha vida digna e plena. 

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario