logo

NOVAS

Mar24

Emerxencia en Perú: el "Niño costero" provocou xa máis de 70 mortes e 650.000 persoas afectadas

As fortes choivas e inundacións que afectan Perú desde mediados de xaneiro, intensificáronse esta última semana e non hai previsión que se deteñan. Segundo datos do goberno peruano, o número de víctimas mortais aumentou a 78, as persoas damnificadas son máis de 100.000 e hai case 650.000 afectadas, sobre todo na franxa costeira que vai desde a fronteira con Ecuador ata 300 quilómetros ao sur de Lima.

Todas as rexións do país foron alcanzadas polo fenómeno coñecido como "Niño costero", que se produce por un inusual calentamento do océano Pacífico que baña as costas peruanas. A agua evapórase en grandes cantidades e condénsase ao chagar á serra, ocasionando intensas e inusuais chuvias na costa desértica, que causan inundacións, desborde de ríos e avalanchas de lodo e pedras coñecidos en Perú co término quechua "huaicos".

As zonas máis afectadas son as rexións norteñas de Piura, Lambayeque, A Liberdade e Áncash. A situación de alerta mantense a nivel nacional aínda que o goberno peruano non declarou o estado de emerxencia.

Actualmente, son varias as ONGD que están a traballar nas zonas afectadas. Perú é un país prioritario para a cooperación española e galega e son moitos os proxectos que nos últimos anos se están a desenvolver nesas zonas.

A continuación, deixamos os contactos das ONGD que abriron números de contas específicos para recoller fondos para apoiar ás persoas afectadas:

Axuda en Acción>>>

Entreculturas>>>

Acción contra el hambre>>>

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario