logo

NOVAS

Abr27

O alumnado galego pide a palabra pola educación

Máis dun centenar de nenos e nenas de cinco centros educativos galegos (Apostol Santiago e San José da Guía de Vigo, CEIP López Ferreiro e Compañía de María de Santiago de Compostela e Colexio Santa María del Mar da Coruña) reclamaron ante o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que a súa voz sexa tida en conta e que desde Galicia se vixíe o cumprimento dos compromisos adquiridos a nivel internacional na Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable facendo énfase especial na garantía dunha educación de calidade, inclusiva e gratuíta para todas as persoas do mundo.

Os cinco centros educativos presentaron os seus traballos e as súas reflexións no auditorio de Afundación á primeira hora da mañá e preparon consígnas que berraron polo centro histórico compostelán na Marcha pola educació.

As rúas compostelás convertéronse nunha festa, dinamizada por máis de 100 nenas e nenos galegos que defenderon o dereito de todas as persoas a ter unha educación de calidade. Hoxe, no mundo, 263 millóns de nenos, nenas e adolescentes non teñen acceso á educación e 758 millóns de persoas adultas son analfabetas, das cales dous terzos son mulleres.

“A educación mola mogollón” e “A educación é a solución” foron algúns dos lemas que se escoitaron polas centenarias rúas da cidade. Ao alumnado galego, sumárense ao longo da marcha moitas persoas comprometido co dereito á educación e a unha vida digna.

Na praza da Quintana pechpouse o acto coa presenza do presidente da Xunta de Galicia. Feijóo escoitou atentamente as palabras e preguntas de nenas e nenos, quen lle lembraron que facer promesas ou asinar acordos sen ter orzamento para cumprilos é “como facer trampas, e a nós os maiores dinnos que facer trampas está mal, non fagan trampas!”.

O Presidente da Xunta recoñeceu a importancia de iniciativas como a Campaña Mundial pola Educación e a necesidade de escoitar aos cativos e cativas para tamén coñecer as súas opinións e as súas ideas.

O acto rematou cunha foto final na que se pediu “a palabra pola educación”.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario