logo

NOVAS

Mai05

Marca o X Solidario!

Coa campaña da declaración da renta en marcha, é o momento de marcar o Xsolidario: o recadro de fins sociais.

Recordade que a atoparedes na declaración baixo o nome “Actividades de interese social”. Tamén, que podes marcar os dous recadros: o X Solidario e o da igrexia, sen que isto supoña ningún custe adicional -ambas suman, de xeito que decidirás onde van parar o 0,14% dos teus impostos.

En Galicia, aínda hai un 45% de persoas contribuíntes que non marca o X Solidario (416.104 non marcaron ningún recadro e 144.133 só marcaron o da Igrexa). Se todas as persoas marcaran o X Solidario, en Galicia recadaríanse 25,5 millóns de euros, 10,7 millóns máis dos que se recadaron en 2016.

Dos fondos recadados, case un 20% destinarase a proxectos de cooperación ao desenvolvemento que as ONGD levan a cabo en máis de 100 países. Grazas a este recadado, realízanse proxectos nas áreas de sanidade, educación, agricultura, infancia ou gobernabilidad, entre otras.

O 78% do recadado irá a proxectos de acción social en Galicia con colectivos en risco de exclusión social ou situación de pobreza. E, o 2%, a proxectos de medio ambiente.

Marcar o X Solidario é un compromiso que se suma aos que a diario podemos realizar para contribuír á transformación social e a construción da xustiza social.

Neste enlace>>> atoparedes información sobre ao que se dedicaron os fondos recadados no X Solidario en 2016.

 

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario