logo

NOVAS

Xun16

Día Mundial das Persoas Refuxiadas

A época que estamos a vivir pasará á historia como unha dos máis miserables de Europa. O Mediterráneo, mar de encontro de pobos, converteuse no maior cemiterio do planeta. Miles de persoas morren nas súas augas, outras tantas deixan a súa vida no traxecto; en moitos casos no medio do deserto, no medio da nada.

Hoxe, 65 millóns de persoas víronse obrigadas a abandonar os seus fogares, a maior cifra dende a II Guerra Mundial; 20 millóns están en situación de fame extrema; máis de 30 conflitos se están a enquistar en distintos lugares do planeta; e o cambio climático está a acabar co medio no que viven centos de comunidades, coas súas colleitas, a súa auga e a súa vida.

As persoas que migran deixan atrás as súas vidas sen apenas garantías. Foxen de conflitos bélicos, de condicións de pobreza extrema e dun contexto no que se violan sistematicamente os seus dereitos humanos. Realidades nas que os países occidentais tiveron e teñen unha importante responsabilidade, por acción ou por omisión. Cando máis se necesita a paz, máis se alimenta a guerra. A industria das armas non para de crecer; as fronteiras quedaron en mans de empresas privadas; Trump presiona aos países da OTAN para que aumenten ata un 2% do seu PIB o gasto en defensa; e o goberno español aumenta nun 30% o orzamento de defensa.

 

Cronoloxía da vergonza

Nos primeros seis meses de 2016, máis de 400.000 persoas solicitaron asilo nos países europeos. A respuesta europea ante esta crise baseouse nunha misión “civil e militar” co obxetivo de controlar as fronteiras. Non houbo acordo entre os países europeos para la distribución de 120.000 personas.
Gritos de “Benvidxs Refugiadxs” comezan a escoitarse en toda Europa mundo. A cidadanía dá a bienvenida á poboación migrante e refuxiada a través da posta en marcha de redes de apoio que organizan mobilizacións, actos de protesta e campañas que exigen aos gobernos que cumpran as leis internacionais de migración e refuxio.
Aínda así, Europa “subcontrata” a xestión da crise migratoria e de refuxio a Turquía por 6.000 millóns de euros. O goberno español comprométese en setembro de 2016 a acoller 17.337 persoas pero, a día de hoxe, só un 7,5% desas persoas están en territorio español.  Ampliar cronoloxía>>>

Fonte: Coordinadora de ONGD - España

Campaña da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas

A Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas arranca esta campaña de recollida de sinaturas coa intención de mobilizar á cidadanía galega para esixir un cambio na xestión dos gobernos da crise de persoas refuxiadas e migrantes que chegan a Europa. A campaña conta cun manifesto cunha serie de demenadas que podedes ler aquí>>

Para sumarse á campaña, podes asinar o manifesto neste enlace>>>

Máis información>>>

 

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario