logo

NOVAS

Sep12

A Coordinadora organiza o curso “Claves para mellorar a produción e comunicación dun evento solidario”

Algunha vez participaches durante meses na organización dun evento solidario (xornadas, feiras, actos de rúa, concertos...) e logo de moitísimas reunións, debates e previsións algo saíu mal?
Posiblemente a túa resposta sexa afirmativa. E posiblemente tamén creas que o traballo de produción e comunicación que se fixo (ou non) tivo algo que ver co resultado final. Se iso é así, este é o curso que estabas buscando!

A ONGD AGARESO propón unha formación onde achegarán as principais claves de éxito para organizar e comunicar eventos solidarios. Axudaranos a entender cales son os erros máis comúns e como podemos solucionalos. Ademais, prometen unha xornada moi práctica (pero sen usar dinámicas de grupo! ;) ) 

Neste enlace>>> atoparedes o programa do curso.

O curso terá lugar o 27 de setembro en Compostela (EGAP – rúa Madrid 1-3).
Podedes inscribirvos neste enlace>>>

 

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario