logo

NOVAS

Sep29

A Coordinadora participará o vindeiro fin de semana na Mostra do Posible

A Coordinadora participará o vindeiro fin de semana na Mostra do Posible, un evento organizado pola Rede de Solidariedade Popular de Vigo (RSP), que terá lugar os día 7 e 8 de outubro en Cangas do Morrazo. Na Mostra participarán un total de 56 colectivos de Galicia. Conxuntamente, divulgaremos o traballo dos movementos sociais galegos e empresas de economía solidaria e visibilizaremos que existen alternativas para construír un mundo máis xusto. Neste enlace>>> atoparedes toda a información.

A Mostra do Posible pretende acadar dous obxectivos:

- Servir como espazo do encontro entre colectivos e entre entidades de economía social que buscan unha transformación cara un mundo máis xusto, colaborativo, colectivizado e solidario.

- Amosar á cidadanía que existen alternativas reais, sociais e democráticas nas diferentes temáticas que se van tocar nas xornadas.

A Mostra terá dúas actividades principais: os postos informativos e as actividades.

POSTOS INFORMATIVOS: instalaranse na Alameda Principal de Cangas. Cada colectivo terá un espazo asignado no que poderá por o seu posto e amosar o seu proxecto, produtos ou servizos. A mesa mateirais e outros elementos do posto corren a cargo da entidade asistente.

ACTIVIDADES: Organizaremos, en coordinación coas entidades participantes, mesas redondas, charlas ou obradoiros mediante as que se tratará de afondar en aspectos de interese de cada
unha das temáticas tratadas. Fundamentalmente, terán lugar no edificio do Concello de Cangas que está situado ao carón da Alameda Principal.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario