logo

NOVAS

Out04

A Coordinadora Galega de ONGD condena as agresións policiais do 1 de outubro en Catalunya

 

A Coordinadora Galega de ONGD condena as agresións policial do pasado 1 de outubro en Catalunya e apoia, como tamén fixo a Coordinadora de ONGD-España, a petición da Comisión de DDHH das Nacións Unidas para que se leve a cabo unha investigación imparcial sobre o ocurrido. Apelamos, ademáis, á responsabilidade institucional para resolver pacificamente os conflitos políticos: non hai xustificación posible para agredir personas que expresan a súa vontade pacificamente.

A Coordinadora Galega, en coherencia co seu compromiso coa dignidade de todas as persoas do mundo, así coma coa defensa dos dereitos e liberdades fundamentais, comprometida coa cultura da solidariedade e a defensa férrea dos dereitos humanos, apela a empatía e ao diálogo de todas as partes afectadas para buscar solucións pacíficas que no afonden na fractura social, que non vulneren a liberdade de expresión de todas as sensibilidades e que respecten a dignidade dos pobos e a súa xente. Ao tiempo, esiximos que sexan respetados os dereitos fundamentais da población civil a manifestarse, mobilizarse e a expresarse sen represión nin abuso de poder.

Foto: Robert Bonet

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario