logo

NOVAS

Nov14

A Coordinadora organiza o curso "Claves para organizar campañas de incidencia política"

Para transformar a realidade precisamos que as nosas mensaxes e causas sexan escoitadas e cheguen a quen toma as decisións. Coñecer algunhas das claves de éxito na organización de campañas e actividades de incidencia é fundamental para logralo con éxito. É por iso que a A Coordinadora Galega de ONGD organiza o día 11 de decembro o curso "Claves para organizar campañas de incidencia política".

Se formas parte dunha ONG, movemento social, plataforma, etc. non deixes de vir!  Aprenderemos a planificar, a preparar reunións e a facer presión a través dos medios, da rúa, etc.

Aquí>>> podes consultar o programa
Aquí>>> podes inscribirte (ata o día 6 de decembro incluído)

O curso teŕa lugar o día 11 de decembro Compostela (EGAP – rúa Madrid 1-3).

Dinamiza o curso CIPÓ COMPANY, unha empresa dedicada á concienciación social, con ampla experiencia de traballo con entidades sociais. Polos seus cursos xa pasaron máis de 3.000 persoas.

Curso de incidencia política

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario