logo

NOVAS

Dec06

Persecución á defensora de Dereitos Humanos Helena Maleno

A investigadora experta en migracións e defensora de dereitos humanos, Helena Maleno, terá que prestar declaración hoxe, 5 de decembro, ante un xuíz de instrución en Marrocos. No sumario figura unha investigación policial aberta no Estado español que busca relacionala coas mafias do tráfico de persoas. Para iso, cítanse as chamadas que Malena realizou como parte dos seus labores de defensora de dereitos humanos a Salvamento Marítimo alertando do naufraxio de pateras e do afundimento das mesmas diantes das costas españolas co obxectivo de salvar vidas.

O pasado mércores 29 de novembro, Maleno recibiu unha citación xudicial para acudir hoxe a declarar ante o Tribunal de Apelacións de Tánxer. Esta investigación enmárcase nun momento moi difícil para as defensoras de dereitos humanos que ven criminalizado o seu traballo polo simple feito de denunciar as vulneracións que se cometen contra a poboación migrante. “Eu estou tranquila, confío no tribunal marroquí, sei que está a facer o seu traballo como tribunal de investigación. Acudirei á declaración e contarei quen son, cal é o meu labor como defensora, e que o meu empeño é sempre a salvagarda do dereito á vida das persoas”, dixo Maleno.

A persecución a Maleno foi comunicada o pasado 1 de decembro ao Relator Especial das Nacións Unidas. Ao mesmo tempo, preparouse un manifesto en apoio á activista que ata o momento foi referendado por máis de 70 organizacións internacionais e nacionais. As organizacións Consejo General de la Abogacía Española, Red Migrantes con Derechos, Front Line Defenders, Women’s Link Worldwide, Coordinadora de Barrios, Parroquia San Carlos Borromeo, Coordinadora de Organizaciones de Desarrollo de España, entre outras, manifestaron o seu apoio a Maleno e denuncian a criminalización do seu traballo, que entenden que é unha forma de promover o medo e de amedrentar a quen están a traballar para defender os dereitos e denunciar as vulneracións durante anos na fronteira sur.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario