logo

NOVAS

Dec20

Aprobado o Plan Anual 2018 da Cooperación Galega coa abstención das ONGD

Onte foi aprobado no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE) o Plan Anual 2018 da Cooperación Galega. Na votación houbo 8 abstencións, 5 das cales das persoas representantes das ONGD galegas. Este voto responde ás demandas que dende hai anos se está a reclamar dende o sector das ONGD para que o goberno da Xunta aumente o orzamento destinado á loita contra a pobreza global logo dos enormes recortes levados a cabo os últimos anos. A Plan Anual 2018 prevé contar cunha dotación orzamentaria de 5 millóns de euros, unha cantidade que a Coordinadora Galega de ONGD onsidera insuficiente para a recuperación dos fondos perdidos e lonxe da media das Comunidades Autonómicas no bienio 2014-2015 de 6,8 millóns de euros.

O Plan Anual 2018 recolle as actuacións que a Xunta de Galicia levará a cabo o vindeiro ano en materia de cooperación ao desenvolvemento. Dá conta das convocatorias que está previsto que se abran (cooperación exterior, educación para a cidadanía global e acción humanitaria); dos distintos convenio de colaboración que se asinarán, entre os cales, coa Coordinadora Galega de ONGD; das 6 bolsas de formación en cooperación que se convocarán e, tamén, dos pasos que se darán na elaboración do IV Plan Director.

Por outra banda, no CONGACODE presentouse o balance do Plan Anual 2017 e se aprobou a representación no Consello a partir do 2018 das entidades sociais (Cruz Vermella, Fundación Mulleres e Fundación Galicia Innova) e das persoas expertas (Silvana Longueira, Carlos Teijo e Emilio Martínez).

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario