logo

NOVAS

Xan08

Por unha resolución democrática en Honduras

A Coordinadora Estatal de ONGD, da cal a Coordinadora Galega forma parte, súmase ás peticións que a Coordinadora de Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento Españolas en Honduras (CONGDEH) fai ao goberno español para que contribúa a unha resolución democrática e garantista da crise política aberta en Honduras tras as irregularidades acaecidas nas recentes eleccións presidenciais, denunciadas por varias institucións internacionais.

A CONGDEH lamenta profundamente que o executivo español apresurouse a recoñecer oficialmente ao señor Juan Orlando Hernández como presidente de Honduras para o mandato 2018-2022, representando o único caso entre todos os Estados Membros da Unión Europea. Aínda considerando que o día 17 de decembro 2017 houbo declaratoria oficial por parte do Tribunal Supremo Electoral de Honduras (TSE), non se pode ignorar que existen graves dúbidas sobre a lexitimidade e transparencia das eleccións.

Tanto a misión de Observación Electoral da Unión Europea como a da Organización de Estados Americanos ( OEA) constataron irregularidades no proceso de cálculo de votos e a OEA insta a repetir o proceso electoral. Tamén a oposición e amplos sectores da cidadanía avogan por unha repetición das eleccións, co obxectivo de despexar toda dúbida e garantir un proceso transparente. Por outra banda, o Goberno de España non pronunciou unha soa palabra sobre as violacións de dereitos humanos que se produciron en Honduras a mans das forzas de seguridade tras as eleccións, contra as persoas que se manifestaron nas rúas para reclamar xustiza e respecto do Estado de dereito e da Constitución nacional. O uso indiscriminado de gas lacrimóxeno e armas contra os manifestantes, as detencións masivas e a morte de polo menos 15 persoas están amplamente documentado e denunciado polo Comisionado Nacional dos Dereitos Humanos, as Nacións Unidas e a Comisión Interamericana dos Dereitos Humanos.

Solicitamos ao goberno español, mediante a súa representación diplomática en Honduras, que condene o uso da forza e a violenta represión por parte das forzas de seguridade estatais das lexítimas manifestacións de protesta. Así mesmo, instamos que se demande ao Goberno de Honduras o respecto dos dereitos democráticos fundamentais e das leis nacionais e internacionais en materia de dereitos humanos, así como á identificación e persecución xudicial de funcionarios. Ademais solicitamos que, en concertación cos demais Estados membros e a Embaixada da Unión Europea en Honduras, o goberno español medie co goberno de Honduras para que se poida alcanzar unha solución lexítima e compartida entre todas as forzas vivas do país, que permita a obtención de resultados electorais transparentes e apegados ao marco constitucional.

Fonte: Coordinadora de ONGD - España

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario