logo

NOVAS

Xan22

A Axuda Ofical ao Desenvolvemento non debe usarse para o control migratorio

Organizacións da Sociedade Civil tanto dos países do norte e do sur global elaboraron un documento á proposta do Comité de Axuda Ao Desenvolvemento (CAD) para “contribuír a unha “migración e mobilidade ordenada, segura, regularizada e responsable”. O aumento da presión interna para frear a migración dos países en desenvolvemento que se está vivindo en moitos países do Norte está a poñer en perigo a Axuda Oficial ao Desenvolvemento, que corre o risco de ser instrumentalizada en beneficio dos países doantes.

As actividades relacionadas coa migración predominan cada vez máis na retórica e as políticas de desenvolvemento de moitos países doantes. Por iso, é fundamental que o CAD fortaleza as súas ferramentas de supervisión e presentación de informes para vixiar como se traduce isto nos programas e proxectos dos doantes, e garantir que realmente “se promova o desenvolvemento económico e o benestar dos países en desenvolvemento” e non se “persiga en primeiro lugar o interese dos doantes (por exemplo, restrinxir a migración)”. Podes ler o documento completo aquí>>>

O documento foi asinado, entre outras, por Oxfam Intermon, Actionaid, Global Justice Now, a Coordinadora de ONGD - España (da cal a Coordinadora Galega de ONGD é socia), Aid Watch Canadá...

Fonte: Coordinadora ONGD - España

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario