logo

NOVAS

Xan26

Condenamos o ataque sufrido por Save the Children en Afganistán

A Coordinadora de Organizacións de Cooperación para o Desenvolvemento, da cal a Coordinadora Galega de ONGD é socia,  condena rotundamente o ataque sufrido por Save The Children na súa oficina de Jalalabad (Afganistán). Un grupo de homes armados entrou na sede desta organización na capital de Nangarhar, provincia fronteiriza con Paquistán, ao redor da 9.10 hora local. Polo momento, segundo a información recollida por distintos medios de comunicación, morreron 10 persoas e 26 resultaron feridas, nun atentado suicida cuxa autoría se atribuíu Dáesh.

En primeiro lugar, queremos expresar toda a nosa solidariedade, agarimo e apoio ás vítimas e ás súas familias, a todos os que morren ou sofren pola violencia en Afganistán ou en calquera parte do mundo e ás persoas que integran Save the Children. Esta ONGD leva traballando en Afganistán na defensa dos dereitos da infancia desde 1976.

En segundo lugar, vémonos obrigados a insistir en que as organizacións de cooperación internacional e de acción humanitaria non deben ser xamais un obxectivo dos ataques de grupos terroristas ou das partes enfrontadas nun conflito. Nós estamos e estaremos sempre ao lado de quen padece as consecuencias e non de quen as provoca. Neste sentido, preocúpanos como se está reducindo nos últimos anos o espazo humanitario e a pasividade da comunidade internacional respecto diso. Por último, parécenos importar lembrar que Afganistán non é un país seguro, a pesar de que a UE o considere como tal para xustificar a repatriación de centos de demandantes de asilo. Basta lembrar que 1.662 civís morreron en ataques tan só nos seis primeiros meses de 2017, segundo Nacións Unidas. Ademais, estes teñen cada vez máis un maior impacto nas mulleres e os nenos e nenas. Preto de 700 menores foron asasinados no primeiros nove meses do ano, conforme aos datos de Unicef.

Reproducimos a continuación o comunicado de Save The Children:
Madrid, 24 de xaneiro de 2018. A nosa oficina de Save the Children na cidade de Jalalabad, en Afganistán, foi atacada esta mañá cando uns homes armados han entrado no efidicio ás 4.00 a. m (9.00 hora local). Estamos absolutamente consternados polo sucedido e agora nosa principal preocupación é a seguridade dos nosos compañeiros.

Todos os programas de Save the Children en Afganistán suspendéronse temporalmente e as oficinas foron pechadas. Esperamos poder renovar as nosas operacións e o noso traballo coa infancia o máis rápido posible. O 2 de marzo de 2015 foron secuestrados cinco traballadores da ONG mentres desenvolvían labores de seguimento de proxectos na provincia de Tarinkot, unha das zonas máis perigosas do país por ser un enclave talibán. Un mes e medio despois os cinco traballadores foron executados a tiros polos secuestradores. A organización confirmouno oficialmente o 10 de abril de 2015.

Save the Children leva traballando en Afganistán desde 1976. O noso traballo humanitario no país chega a case 1,4 millóns de nenos.

Fonte: Coordinadora ONGD - España

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario