logo

NOVAS

Abr09

As ONG Mestura e Cooperación Internacional únense a Coordinadora, que xa conta con 46 organizacións socias

O sábado 7 de abril tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora Galega de ONGD na que dúas novas organizacións se incorporaron logo de recibir apoio da maioría das entidades presentes. Son as ONG Mestura e Cooperación Internacional e, con elas, xa son 46 as ONGD socias.

Na Asemblea, como ven sendo habitual, fíxose balance do traballo feito en 2017 (marcado pola incidencia política no ámbito da cooperación local; a segunda edición do Compostela+Solidaria e as formacións sobre teoría de xénero e feminismos) e aprobáronse a liquidación e conta do exercicio de 2017. Ademais, compartiuse a planificación para 2018 e aprobouse o orzamento.

Por outra banda, Patricia Iglesias, ata o de agora Tesoureira da Coordinadora, informou da súa marcha do equipo Directivo e, como estaba previsto, ratificouse a entrada de Ángel Bañabre, ata de agora vogal, como novo Tesoureiro.

Por último, houbo un espazo de exposición e debate sobre o proceso de elaboración do IV Plan Director da Cooperación Galega e de valoración das propostas que se atopan no último borrador achegado pola Xunta de Galicia.

 

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario