logo

NOVAS

Abr25

A Coordinadora solidarízase co pobo de Nicaragua e esixe ao Goberno o cesamento da represión e o respecto dos dereitos humanos

A Coordinadora estatal de ONGD, da cal a Coordinadora Galega de ONGD forma parte, solidarízase coas vítimas e condena a violencia gobernamental exercida desde o pasado mércores en Nicaragua contra as protestas cidadás. Manifestacións que, desde os seus inicios, estiveron lideradas pola mocidade. Estas comezaron para esixir a derrogación da reforma da Seguridade Social, pero a día a hoxe esixen maior democracia, o regreso a un Estado de dereito e a non violación dos dereitos humanos.

O Centro Nicaragüense de Derechos Humanos confirmou a morte de polo menos 25 persoas, a maior parte delas estudantes asasinadas durante as protestas principalmente por disparo de balas. Esta organización tamén denuncia a desaparición de 43 persoas e a existencia dun número indeterminado de detidas. Polo menos, dous medios de comunicación – as canles 100%

Haydée Castillo, ameazada

Haydée Castillo, activista feminista e defensora dos dereitos humanos, veuse na obriga de fuxir da súa vila logo de ter recibido ameazas contra a súa vida. Castillo é directora do Instituto de Liderazgo de Las Segovias, organización que traballa en procesos de desenvolvemento en Nicaragua xunto ás ONGD galegas Solidariedade Internacional de Galicia, Solidariedade Galege e a ONGD Sólida. É tamén coordinadora rexional do Foro de las Mujeres para la Integración Centroamericana e exdirixente do Frente Sandinista de Liberación Nacional que, a finais dos anos setenta, acabou coa dictadura de Somoza.

O caso de Castillo súmase ao de centos de activistas de dereitos humanos que hoxe, no mundo, están sendo perseguidas por defender o dereito a unha vida digna e libre de violencias.

Censura e violencia contra as xornalistas

Polo menos, dous medios de comunicación – as canles 100% Noticias e Canal 51- foron censurados, unha emisora, Radio Darío, de León, foi queimada, e un xornalista morreu como consecuencia dun balazo na cabeza mentres realizaba o seu traballo en Bluefields. Varios líderes locais afirmaron ao CENIDH que foi a policía quen realizou o disparo.

Noticias e Canal 51- foron censurados, unha emisora, Radio Darío, de León, foi queimada, e un xornalista morreu como consecuencia dun balazo na cabeza mentres realizaba o seu traballo en Bluefields. Varios líderes locais afirmaron ao CENIDH que foi a policía quen realizou o disparo.

Demandamos ao Goberno español e ao resto dos representantes políticos que intercedan ante o Executivo nicaraguano para que poña fin á represión e busque vías de diálogo para solucionar o conflito. O Goberno de Nicaragua debe:

- Respectar os dereitos humanos, a liberdade de expresión e o dereito da cidadanía para manifestarse de forma pacífica.

- Levar a cabo investigacións que permitan clarificar as responsabilidades das mortes, detencións e desaparicións.

- Asegurar a integridade física da cidadanía.

- Acabar coa impunidade dos grupos de simpatizantes do goberno que actúan con violencia atacando a manifestantes pacíficos.

- Convocar de urxencia a un diálogo nacional amplo que inclúa a todos os actores da sociedade civil, incluídos os mozos que iniciaron as protestas.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario