logo

NOVAS

Mai07

Compostela acolleu o acto central en Galicia da Semana de Acción Mundial pola Educación

Santiago de Compostela acolleu o venres pasado o acto central en Galicia da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2018, onde 200 escolares de 7 centros educativos reclamaron que a educación sexa unha ferramenta para a paz.

Máis de 200 nenos e nenas de sete centros educativos galegos reclamaron hoxe ante responsables de educación e cooperación da Xunta de Galicia do Concello de Santiago de Compostela que a educación e unha ferramenta clave para a construcción da paz. Nesta edición o obxectivo principal é defender e protexer a educación de tódolos nenos e nenas que se encontran en países afectados por conflitos armados ou catástrofes naturais.

Os centros CPR Santa María do Mar (A Coruña), IES Eduardo Pondal (Santiago), CPR Divino Maestro (Santiago), CPI Virxe da Cela (Monfero), IES Arzebispo Xelmírez I (Santiago), IES Campo de San Alberto (Noia) e IES de Vilalonga (Sanxexo) presentaron os seus traballos e as súas reflexións no auditorio de Afundación á primeira hora da mañá e preparon consignas que berraron polo centro histórico compostelán na Marcha pola educación.

O alumnado galegos defendeu o dereito de todas as persoas a ter unha educación de calidade. Hoxe, no mundo, 263 millóns de nenos, nenas e adolescentes non teñen acceso á educación dos cales 75 millóns son nenas e nenos desprazados ou refuxiados.

Na praza da Quintana pechouse o acto onde o alumnado fíxolle entrega das súas petición aos representantes políticos e onde tamén leron o manifesto e fixeron a foto final.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario