logo

NOVAS DA COORDINADORA

Mai15

A Coordinadora adhírese á campaña S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!

O Foro Galego de inmigración ten lanzado esta campaña coa quere denunciar o impacto que as políticas das diferentes adminitracións públicas están a producir nos dereitos das persoas migrantes. A campaña denuncia “as agresións silenciosas e silenciadas que está a sufrir o colectivo de persoas migrantes, especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa” dende:

- o aumento dos casos de explotación laboral do colectivo de traballadorxs migrantes;

-a situación dos CIEs;

-os recurtes de orzamentos nos servizos sociais e a desaparición práctica dos programas e recursos adicados polas administracións públicas galegas e estatais ao colectivo de persoas migrantes. De forma complementaria o escandaloso tixeirazo  dos orzamentos adicados pola Xunta de Galiza á  cooperación internacional.

-os tráxicos acontecementos que están a suceder nas últimas semanas nas Fronteiras españolas de Ceuta e Melilla que confirman as denuncias que se viñan realizando de prácticas irregulares por parte da Policia e da Garda Cívil no “control” desas fronteiras.

- a multiplicación das redadas denunciadas por moitos colectivos e asociacións en diferentes zonas do Estado Español. e recoñecidas tamén polos propios sindicatos policiais.

-a persecución do colectivo de vendedores ambulantes formado na maioría dos casos por nixerianos ou senegaleses que se está a producir en diferentes cidades galegas;

-a exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa.No caso de Galicia, a pesar de existir o PGPSP este ten amosado escasa efectividade, según os datos de Médicos do Mundo só 1.470 persoas lograron cruzar con éxito a travesía burocrática necesaria para beneficiarse do programa galego.

...

Máis información aqui >>>

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario