logo

NOVAS DA COORDINADORA

Feb02

A Coordinadora reúnese coa Deputación de Lugo

O pasado día 1 de febreiro a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento reuniuse coa Deputación de Lugo para facer unha análise conxunta dos retos e avances na política pública de cooperación a nivel local.

A cooperación local é a política pública de cooperación ao desenvolvemento exercida dende as administracións locais. Ademais de ter contribuído ao desenvolvemento dos países empobrecidos é tamén un instrumento fundamental para promover a transformación social mediante accións de educación para o desenvolvemento que constrúan unha cidadanía solidaria e comprometida coa defensa dos dereitos humanos dentro e fóra das nosas fronteiras.Unha das liñas estratéxicas de traballo da Coordinadora nos últimos anos ten sido, precisamente, pular pola recuperación desta política pública e social que en Galicia, a nivel local,  se atopa á cola na comparativa coa desenvolvida polo resto de comunidades autónomas

Por este motivo nos últimos dous anos se teñen mantido múltiples encontros con diferentes administracións locais e grupos municipais. Algunhas administracións locais teñen realizado xa importantes avances neste senso como é o caso do Concello de A Coruña, a Deputación de a Coruña ou o Concello de Lugo, e outros como o Concello de Santiago de Compostela se teñen comprometido a facelo nos vindeiros meses.

Neste caso da Deputación de Lugo, a través de Álvaro Santos Ramos., Vicepresidente, comprometeuse a estudar a proposta das ONGD galegas:que se garantan dotacións orzamentarias, e que esta política se desenvolva de forma planificada e participada .
Durante a reunión tamén foron expostas outras posibles vías de colaboración entre o goberno da deputación e as ONGD que poderán contribuír a construción dun mundo máis xusto.

Aquí>>>> podes descargar as propostas da Coordinadora Galega de ONGD para a política local de cooperación

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario