logo

NOVAS DA COORDINADORA

Mar16

A Coordinadora elixe novo equipo de goberno o 25 de marzo

O 25 de marzo terá lugar en Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora Galega de ONGD e, este ano, as ONGD elixirán unha nova Xunta Directiva. A actual, que conta coa presidencia de Gema Filgueira (Médicos do Mundo)  foi elixida o 22 de marzo de 2014. De de acordo co art. 18 dos Estatutos da Coordinadora, aprobados o 21 de febreiro de 2009 en Asemblea Xeral Extraordinaria, o mandato poderá ter unha duración máxima de 3 anos, motivo polo que é preciso renovar o equipo de goberno. Por outra banda, e segundo establece o artigo 23 do Regulamento de Réxime Interno aprobado en Asemblea Xeral do 13 de xuño de 2009, deberá renovarse a actual Presidencia xa que o límite de permanencia é de 6 anos que xusto se cumpren agora.

O prazo para presentar candidaturas á votación de Xunta Directiva estivo aberto do 1 ao 28 de febreiro e, durante este período, presentouse unha única candidatura.

Por outra banda, e como todos os anos, a asemblea xeral servirá para aprobar a xestión técnica e económica da organización do ano anterior, para informar das actividades previstas en 2017 e para votar a solicitude de entrada das ONGD interesadas en formar parte da Coordinadora.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario