logo

Amigos de Do√Īana

amigos de doŮana.jpg
www.amigosdedonana.org
Av. Rodeira, 201 Moaña (Pontevedra) 36950

INFORMACIÓN

A Asociación Amigos de Doñana é unha entidade sen fins lucrativos que ten como principais obxectivos a conservación, a investigación e a utilización sostible dos recursos naturais e a diversidade biolóxica, así como a defensa dos pobos e culturas autóctonos. As accións baséanse no coñecemento, o consenso e a identificación de problemas a resolver.

Esta liña ten como obxectivo desenvolver modelos de integración entre a conservación e a utilización sostible da biodiversidade e iniciar, a partir destes modelos, procesos de desenvolvemento baseados no efecto demostrativo xerado na sociedade e na economía local. Considérase prioritario que o coñecemento e o uso ordenado da biodiversidade é unha ferramenta básica de cooperación ao desenvolvemento no mundo e especialmente nas áreas determinadas pola Asociación.

As actuacións concrétanse en proxectos que integran obxectivos diferentes, como a conservación e estudo da biodiversidade, actividades de carácter horizontal -nos campos da educación, a capacitación profesional e o reforzamento das institucións locais- e actividades demostrativas de utilización sostible, como o ecoturismo, a gandaría ecolóxica ou a cría de fauna silvestre.

Amigos de Doñana traballa en África (Mauritania, Senegal, Guinea Bissau, Guinea Konacry e Guinea Ecuatorial, Gabón, Congo, Angola, Namibia, Mozambique e Etiopía) e en Iberoamérica( Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia e Paraguai).

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario