logo

¿QUE É A CONGD?

Visión

Queremos ser unha organización formada pola gran maioría das Organizacións da Sociedade Civil que desde Galicia traballan activamente pola promoción e garantía dos dereitos sociais, políticos, civís, económicos e culturais de todas as persoas a nivel global. E confiamos na consolidación dunha Política Pública e Social de Cooperación de calidade, eficiente, sostible e transformadora no marco da coherencia de políticas.

A nosa visión é a dun mundo onde a equidade e a igualdade de oportunidades estean aseguradas, onde prevaleza a cultura da paz e as relacións estean baseadas na ética dos coidados e no principio de non discriminación, solidariedade e cooperación.

Misión

A Coordinadora Galega de ONGD é unha plataforma social e política de ONG de Desenvolvemento comprometidas coa consecución da xustiza social e o fin das desigualdades globais que traballan dende Galicia para construír un modelo de cooperación transformadora baseado no desenvolvemento sustentable e no enfoque feminista e de dereitos humanos.

En 2016, a Coordinadora agrupa un total de 45 ONGD que traballan no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e a incidencia política.

Nacemos en 1991, xa hai máis de 25 anos, e dende 2002 estamos integradas na Coordinadora de ONGD-España como membro de pleno dereito. Ademais, actualmente ocupamos o cargo de Vicepresidencia segunda dendro do seu equipo directivo.

Para dar cumprimento á nosa misión, contamos cun Plan Estratéxico 2017-2020 que establece:

4 Liñas Estratéxicas:

L.E.1. Incidencia Política

L.E.2. Comunicación e Cambio Social

L.E.3. Representatividade da Coordinadora

L.E.4. Desenvolvemento Organizativo

5 Obxectivos Estratéxicos:

  • O.E.1. Promovida a incidencia na mellora da Política Pública e Social de Cooperación ao Desenvolvemento e a Coherencia de Políticas das administracións galegas como garantes dos Dereitos Humanos e do desenvolvemento humano sostible.
  • O.E.2. Promovida a Educación para a Cidadanía Global.
  • O.E.3. Impulsada a Comunicación para o Desenvolvemento como ferramenta imprescindible para a transformación social.
  • O.E.4. Aumentada a lexitimidade da Coordinadora como representante do sector das ONGD en Galicia.
  • O.E.5. Fortalecida a estrutura organizativa de Coordinadora.

 

Neste enlace>>> podedes ver o Plan Estratéxico 2017-2020

 

Normativa da CGONGD

Estatutos da Coordinadora Galega de ONGD >>>Descargar documento 

Código de Conduta das ONGD >>>Descargar documento 

Regulamento de Órganos Operativos da CGONGD >>> Descargar documento 

 

Contabilidade da Coordinadora

Táboa de ingresos 2015-2016>>>

<< volver

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario