logo

VIAXES AO SUR / VOLUNTARIADO INTERNACIONAL

Non son o mesmo as vacacións solidarias que o voluntariado internacional ou os campos de traballo. Neste vídeo, podedes ver cales son as diferencias entre este tipo de viaxes ao Sur. Máis abaixo, tedes unha listas das ONGD que ofrecen distintas formas de desprazarse a países de África, América Latina e Asia.

Vacacións Solidarias

Another rare bird passed my studio a later date: the Audemars Piguet Royal Oak Chronograph City of Sails. For nearly any cheap Audemars Piguet CityHublot Replica Watches Hermes Replica Handbags Replica Watches Of Sails Replica Watches this huge, it's remarkably light - Since it is a combination of stainless and titanium Much more remarkably, there doesn't seem to become anywhere of compromise produced inside the conclusion, that's amazing as titanium is unquestionably an incredibly difficult material to take advantage of - especially decorating.

É unha nova forma de facer turismo solidario ofertada por moitas ONG de desenvolvemento. Trátase de viaxar durante un período curto de tempo a algún país do Sur (África/América Latina), para coñecer de primeira man un proxecto de cooperación e a comunidade beneficiaria deste proxecto.

Para as ONGD, as Vacacións Solidarias son unha ferramenta de sensibilización da sociedade civil sobre a situación dos países do Sur e as súas problemáticas, a través dunha experiencia vital que permite ás cidadás e cidadáns o contacto directo coa realidade destes pobos.

Neste tipo de vacacións, as datas de viaxe son fixas, e establécenas as propias ONGD en negociación coas súas contrapartes do Sur, para interromper o menos posible o traballo coas comunidades beneficiarias cando a viaxe teña lugar. Ademais, aos destinos ofertados non se viaxa individualmente, senón que se forman grupos de viaxe, coordinados e acompañados por persoal da propia organización.

A maioría de ONG que organizan vacacións solidarias ofrecen previamente ás persoas participantes unha formación especializada para mergullarse na realidade dos países empobrecidos e fomentar a convivencia no grupo antes de partir. Estas formacións permiten que o afondamento e comprensión das causas da desigualdade e a pobreza. Pero tamén son útiles para romper cos prexuízos e coñecer a realidade do país e os obxectivos das organizacións que se visitan, e desta forma evitar un impacto negativo sobre as comunidades coas que se convive.

Aquí tedes información sobre as ONGD que ofrecen Vacacións Solidarias en Galicia:

CURSOS DE COOPERACION SOBRE O TERREO - ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz

Asemblea de Cooperación Pola Paz organiza os Cursos de Cooperación Sobre o Terreo (CCsT). Unha viaxe que te levará a coñecer a cooperación ao desenvolvemento, a vida nos países nos que traballa a organización e os problemas que afrontan día a día os seus habitantes. O obxectivo é amosar ás persoas participantes todo o ciclo dun proxecto de cooperación ao desenvolvemento, desde a súa identificación e seguimento, ata a avaliación dos obxectivos e resultados deseñados, así coma o seu impacto social, político e económico nas comunidades beneficiarias.

As prazas convócanse desde o mes de marzo e os cursos realízanse nos meses de xullo, agosto e setembro.

Os prezos varían en función do curso a realizar e os destinos son os seguintes:  Marrocos, Tunisia, Senegal, Palestina e Israel.

Neste enlace>>> atoparás a información de 2016.

Máis información
Tfno. 881.977.339
Enderezo electrónico: galicia@acpp.com

VANAKKAM - ONGD Implicadas/os no Desenvolvemento

O Vanakkam é un programa formativo sobre a cooperación ao desenvolvemento que contempla a posibilidade de viaxar ao proxecto de desenvolvemento urbano de Tiruchy que a Implicadas/os no Desenvolvemento apoia na India. O programa consta de dúas partes: un curso de formación sobre cooperación e ciclo de proxecto aquí en Galicia, e dúas semanas no terreo, coñecendo o traballo no proxecto de Tiruchy.

Máis información:
Tfno. 886.111.911
Mail. info@implicadas.org.

VIAXES SOLIDARIAS - Sodepaz

SODePAZ, vén organizando viaxes de turismo solidario e brigadas de traballo voluntario dende hai 18 anos. Cada ano participan nas viaxes unhas 100 persoas que se desprazan a uns sete destinos diferentes. Previamente á súa partida organízanse diversas xornadas de formación para evitar que o impacto social da presenza das persoas que viaxan ás comunidades sexa negativo. SODePAZ entende que estes programas de viaxes son unha das actividades máis importantes de Sensibilización que se poden realizar, tanto pola presenza directa das persoas nos países onde se realizan os programas coma polas actividades previas de explicación e formación.

Para máis información>>>

O Voluntariado Internacional

A diferencia das Vacacións Solidarias, implica que a persoa que viaxa a coñecer a realidade do Sur, vai ter a oportunidade de colaborar e participar co seu traballo no proxecto de cooperación que visite. Neste caso, o proceso de formación soe ser máis amplo, xa que para participar nun proxecto requírense coñecementos previos sobre o traballo en cooperación internacional. Nalgúns casos, tamén é preciso ter feito voluntariado na sede da ONGD no Norte, para garantir que a persoa que vai colaborar ao Sur coñece os procedementos e forma de traballar da organización.

Aquí tedes información sobre as ONGD que ofrecen voluntariado internacional en Galicia:

VOLUNTARIADO EN COOPERACIÓN AMBIENTAL - ONGD Amigos da Terra

No Sur, Amigos da Terra ten un programa de voluntariado para desenvolver coas comunidades, traballos en temas de fortalecemento institucional, enfoque de xénero, conservación dos recursos naturais, alimentación sustentable, pesca sostible, etc. Non existe unha data especifica de convocatoria, esta dependerá das necesidades en terreo. Os países de destino son: Nicaragua, Honduras e O Salvador; e as estadías mínimas, a partir de tres meses.

Amigos da Terra tamén conta cun programa de voluntariado europeo>>>

Máis información
Tfno. 988 374 318
Enderezo electrónico: cooperacion@amigosdaterra.net.

VOLPA - Entreculturas- Fé e Alegría

VOLPA é un programa de voluntariado internacional dirixido a persoas maiores de 21 anos. Este programa inclúe a formación das persoas voluntarias con encontros de formación en Madrid ao longo de nove meses, a súa participación en proxectos de países do Sur con Fe y Alegría e o Servizo Xesuíta a Refuxiados durante un ou dous anos e a súa acollida no lugar de orixe unha vez finalizado o programa. O programa VOLPA convócase todos os anos no mes de setembro.

Máis información
Tfno. 981 581 409 / 986 224 990
Enderezo electrónico: santiago@entreculturas.org

PROGRAMA DE COÑECEMENTO DA REALIDADE - Enxeñería sen Fronteiras

Trátase dun programa englobado na liña de educación para o desenvolvemento de ESF Galicia que inclúe unha estancia nun país do Sur durante un período de tempo mínimo para coñecer a realidade do lugar, mentres se colabora nun programa de actividades definido previamente, cunha formación previa, e que continuará á volta da estadía.

A convocatoria para 2017 estará aberta ata o 24 de febreiro. Podedes consultar este enlace>>>

Máis información
Tfno. 981 167 000 - ext. 1479
Enderezo electrónico: info@galicia.isf.es

PROGRAMA SALONGO - Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María (FISC)

Programa de cooperación a longo prazo a través do que se facilita a posibilidade a calquera persoa, previa formación obrigatoria, de viaxar ao Sur a colaborar coa ONGD. A estancia mínima é dun ano e a ONGD presta á persoa voluntaria axuda para o custo da estadía.

Máis información
Tfno. 606 742 111
Enderezo electrónico: francisco.duran@usc.es

CURSO DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO INTERNACIONAL “INTERDEPENDENCIA SOLIDARIA” - ONGD InteRed

Trátase dun programa de voluntariado internacional no Sur onde desenvolve proxectos de cooperación internacional. A matrícula soe abrirse no mes de setembro.

A duración das estadías pode ser dun mínimo dun mes e dun máximo de tres meses. Nas estadías as persoas voluntarias agrúpanse nas tarefas propias dos proxectos. Todos os gastos que xera a experiencia corren por conta da persoa voluntaria.

Máis Información
Web>>>

Tfno. 981 587 966
Enderezo electrónico: galicia@intered.org 

VOLUNTARIADO SUR - Jóvenes y Desarrollo

JYD leva a cabo un programa de voluntariado internacional, que a través dunha formación específica (ao longo de varios fins de semana de decembro a xuño), axuda a coñecer a realidade de proxectos de cooperación en América e África, e que remata cunha estancia curta no Sur que pode ir de un a dous meses, no verán.

Máis información

Tfno. 981 582 455
Enderezo electrónico: jyd.galicia@jovenesydesarrollo.org.

EQUIPOS MISIONEIROS CLARETIÁNS - Fundación PROCLADE

Na Fundación PROCLADE ofrécese un voluntariado de corta duración. Concretamente durante xullo e/ou agosto, cos Equipos Misioneiros Claretianos da zona nas tarefas que se nos encomenden, segundo as necesidades do lugar: tarefas de promoción social, educativas, asistenciais, pastorais..

Máis información
Tfno. 981 586 191

Enderezo electrónico: galicia@fundacionproclade.org

CAMPOS DE TRABALLO - Solidariedade, Educación e Desenvolvemento (SED)

SED ofrece dúas formas de viaxar ao sur:

- Campos de traballo, estadías dunha duración de 45 días. 

Os principais sectores de traballo a desenvolver polas persoas voluntarias son: educación para o desenvolvemento rural, atención sanitaria, desenvolvemento comunitario e empoderamento da muller. As persoas voluntarias faranse cargo do custo da viaxe ata o lugar do campo de traballo. Para asistir aos campos de traballo é necesario asistir ás sesións de formación e ter feito voluntariado previamente en España coa organización.

- Voluntariado de longa duración. Neste caso é preciso ter máis de 21 anos.

Máis información>>>

Máis información
Tfno. 987 220 460
Enderezo electrónico: sedgalicia@maristascompostela.org

<< volver

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario