Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 453 accesos
  • Visitas Total: 350852 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Documentos e Recursos

Categorías | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z

Boletín Galiciasolidaria

Boletín Galicia Solidaria nº1

Este é o primeiro número dunha publicación semestral de oito páxinas nas que se recollen a actualidade do sector, as actividades da propia Coordinadora, as campañas de sensibilización e as publicacións de interese.

Boletín Galicia Solidaria nº2

Neste segundo número podes consultar os orzamentos 2007 da Xunta de Galicia en cooperación internacional, asi como as últimas actividades e novidades da Coordinadora Galega de ONGD.

Boletín Galicia Solidaria nº3

Neste número destacamos: as iniciativas tomadas pola Coordinadora con respecto ás eleccións municipais do pasado 27 de maio e as novas con respecto á aprobación do Plan Anual de Cooperación 2007.

Boletín Galicia Solidaria nº4

Neste cuarto número do boletín recopílanse os datos de subvencións recibidas en 2007 polas ONGD galegas e podes consultar as actividades, novas e publicacións da Coordinadora Galega de ONGD: a celebración do V Encontro de Coordinadoras Autonómicas en...

Boletín Galicia Solidaria nº5

No quinto número do boletín da coordinadora, ademais da usual análise das resolucións de subvencións 2008, podedes atopar varias recomendacións de publicacións no mundo da cooperación, e repasar as actividades da Coordinadora nos primeiros...

Boletín Galicia Solidaria nº6-7

Neste último número do Galiciasolidaria de decembro-febreiro de 2009, poderedes atopar referencias a todos os cursos impartidos pola Coordinadora, á súa planificación estratéxica, ao encontro de Cooperación Local que se celebrou en Brión......

Boletín Galicia Solidaria nº8

No número 8 do Galiciasolidaria de xullo de 2009, poderedes atopar referencias a algúns dos cursos que a Coordinadora levará a cabo nos vindeiros meses a través das Comisóns de Xénero e Incidencia Política, aos resumos de subvencións da Xunta...

Cadernos da CGONGD

Comercio Xusto para todas, para todos, en todas partes

Moitos dos produtos que mercamos no Norte son producidos en países en vías de desenvolvemento onde na maioría dos casos non se cumpren unhas condicións de traballo mínimas, o cal contribúe ao empobrecemento cada vez maior dos países. O Comercio...

Declaración do Milenio. Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

No marco da Campaña sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, ven de publicar un cuadernillo no que se recolle o manifesto "Contra a pobreza, presiona!!", e a Declaración do Milenio, froito da reunión de...

Educación para o Desenvolvemento

O Caderno de Educación para o Desenvolvemento constitúe un dos primeiros traballos da Comisión de Educación para o Desenvolvemento da Coordinadora Galega de ONGD. Con este traballo, preténdese achegar á comunidade educativa galega, formal e informal,...

Eficacia da axuda e sociedade civil. Declaración de París sobre Eficacia da Axuda e Axenda de Acción de Accra

A Coordinadora Galega de ONGD publica a primeira tradución ao galego da Declaración de París sobre Eficacia da Axuda e da Axenda de Acción de Accra. Ambos os dous documentos constitúen os dous principais referentes documentais da Axenda de Eficacia da...

Eficacia de la ayuda y sociedad civil. Declaración de París sobre Eficacia de la Ayuda. Agenda de Acción de Accra

A Coordinadora Galega de ONGD publica a tradución ao castelán do Caderno da Coordinadora 14 Eficacia da axuda e sociedade civil. Declaración de París sobre Eficacia da Axuda. Axenda de Acción de Accra. Esta publicación contén un estudo introdutorio...

Guía Harmonización de Criterios

O grupo de Coordinadoras Autonómicas da Coordinadora de ONG de desenvolvemento España, formado por tódalas coordinadoras autonómicas membros da CONGDE, detectou dende os inicios do seu traballo, a necesidade de traballar cara a definición das bases para a...

Informe Cero do Sector das ONG en Galicia

Coa publicación deste Informe, a Coordinadora Galega de ONGD pretende amosar á sociedade galega unha descrición das entidades que se adican á cooperación internacional e a acción humanitaria no noso país.

O Desenvolvemento comeza por un Consumo Responsable. Guía para ONGD

O Caderno de Consumo Responsable é unha guía para todas as ONGD que por lóxica e coherencia deben basear as súas actividades no principio dun Consumo Responsable. Nel recóllense recomendacións básicas para o día a día das ONGD, que...

Os 14 Mandamentos do Bó Cooperante

Esta publicación pretende ser unha guía de conduta, de comportamento para aquelas persoas que participen en proxectos de cooperación ao desenvolvemento, ofrecendo mandamentos que son válidos tanto para estadías curtas como para aquelas de longa duración. O...

Pacto Galego contra a Pobreza

  O texto do Pacto Galego contra a Pobreza que a Coordinadora Galega de ONGD presenta nesta publicación foi aprobado pola súa Asemblea Xeral o día 21 de novembro de 2009. Trátase dunha proposta con vocación aberta ao debate e á emenda e non dun texto...

Resumo do Informe de Desenvolvemento Humano

Por primeira vez publicouse en Galego o Resumo do Informe de Desenvolvemento Humano do PNUD, este ano dedicado á Loita contra o cambio climático: A solidariedade nun mundo dividido. Contén datos realmente significativos e a táboa cos índices de desenvolvemento...

Guía de ONGD de Galicia

Guía das ONGD de Galicia 2009/2010

O principal obxectivo da Coordinadora Galega de ONGD, á hora de editar a Guía de ONGD de Galicia, non é outro que dar a coñecer ás galegas e aos galegos o traballo das ONGD integradas de pleno dereito na mesma. Contéñense nela, pois,  os datos...

Guía das ONGDs de Galicia

A guía recolle datos completos de 58 organizacións con presenza na nosa comunidade cunha amplia información do máximo interes para facerse unha idea clara do que cada organización fai, en que países actúa.

Guía de ONGD de Galicia 2007/2008

Esta Guía prentende achegar á cidadanía galega unha información básica sobre as organizacións galegas. Ao longo das súas páxinas poden atoparse datos como as áreas de actividade, as prioridades xeográficas,..dun total de 71 ONGD....

Memoria de Actividades da Coordinadora Galega de ONGD

Memoria de Actividades 2006

Na memoria de actividades do ano 2006 facemos un resumen do conxunto de actividades de sensibilización, formación, difusión e fortalecemento que realizamos durante todo o ano 2006  

Memoria de Actividades 2007

Memoria de Actividades da Coordinadora Galega de ONGD do ano 2007.

Memoria de Actividades 2008

Na Memoria de Actividades da Coordinadora Galega podedes atopar referencia a todas as actividades levadas a cabo pola Coordinadora durante o 2008, a través da Xunta Directiva, a Secretaría Técnica e as súas Comisións de Traballo. Así mesmo podedes acceder...

Normativa da CGONGD

Código de Conduta das ONGD

A Coordinadora reeditou en 2009, adaptándoo aos novos retos da cooperación, o Código de Conduta das ONG para o Desenvolvemento, unha ferramenta esencial que fixa os criterios básicos que deben presidir o traballo das organizacións que se dedican á...

Estatutos e Regulamento de Réxime Interno

Coa propia evolución da Coordinadora como organización cada vez máis representativa do sector da cooperación galega e co propio incremento da complexidade na súa estrutura, a Xunta Directiva da Coordinadora viu necesario avanzar cara a novos procesos...

PLAN ESTRATÉXICO DA CGONGD 2009/2011

Durante todo o 2008 e parte do 2009 a Coordinadora estivo inmersa nun amplo proceso democrático de consenso para definir as súas liñas de acción estratéxica.   Froito deste proceso é o documento de Planificación Estratéxica que agora...

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.