Guía das ONGD de Galicia 2009/2010
Autor: CGONGD
O principal obxectivo da Coordinadora Galega de ONGD, á hora de editar a Guía de ONGD de Galicia, non é outro que dar a coñecer ás galegas e aos galegos o traballo das ONGD integradas de pleno dereito na mesma. Contéñense nela, pois, os datos de contacto actualizados das corenta e oito ONGD integradas na Coordinadora e os daquelas outras ONGD que non están integradas, e que se atopan inscritas no Rexistro de Axentes de Cooperación da Xunta de Galicia.
Na ficha de cada entidade integrada hai un resumo do traballo que estas fan no Sur, a través dos seus programas e proxectos de cooperación; o traballo de educación para o desenvolvemento que levan a cabo en Galicia; as opcións de voluntariado que ofrecen en Galicia; os programas de voluntariado internacional que xestionan; e os datos económicos do balance de contas.