O Desenvolvemento comeza por un Consumo Responsable. Guía para ONGD
Autor: CGONGD
O Caderno de Consumo Responsable é unha guía para todas as ONGD que por lóxica e coherencia deben basear as súas actividades no principio dun Consumo Responsable. Nel recóllense recomendacións básicas para o día a día das ONGD, que guíen o seu consumo de auga, electricidade, papel… Ademais de para as ONGD, serve así mesmo de guía para o consumo responsable de calquera outra institución pública ou privada, dende centros educativos a empresas.