PLAN ESTRATÉXICO DA CGONGD 2009/2011
Autor: CGONGD
Durante todo o 2008 e parte do 2009 a Coordinadora estivo inmersa nun amplo proceso democrático de consenso para definir as súas liñas de acción estratéxica.
Froito deste proceso é o documento de Planificación Estratéxica que agora edita, aprobado como tal na Asemblea Xeral Ordinaria do 13 de xuño de 2009. Nesta publicación pode atoparse a misión e visión da CGONGD así coma a súa estrutura, organización e priorización do traballo a desenvolver nos vindeiros tres anos.